Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2018 Páx. 53942

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016.

En virtude da Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 240, do 19 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Mediante a Orde do 13 de xullo de 2018 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) foron nomeadas persoal funcionario en prácticas da dita escala as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 10 de outubro de 2018 (DOG núm. 200, do 19 de outubro).

Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, e pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 28 de decembro de 2018, ás 10.30 horas.

Segundo. Os postos ofertados figuran como anexo II desta orde.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. As persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado da persoa responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Acceso libre

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

1

4736****

Vázquez Pérez, Patricia Pilar

2

****5701

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

3

3354****

Piñeiro Muñoz, Luis

4

****4809

Prego Teira, Ramón

5

3354****

Fernández Loureiro, David

ANEXO II

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación

1

FCA200000115770016

FC

Xefatura Plans Inspección

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia

Área de Inspección Tributaria

Santiago de Compostela

2

FCA291000032001136

FC

Subxefatura Unidade de Inspección

A2

24

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación Ourense

Ourense

3

FCA291000036560226

FC

Subxefatura Unidade de Inspección

A2

24

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación Vigo

Vigo

4

FCC050000415770008

FC

Xefatura sección

A1/A2/C1

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

S. X. de Xestión do Feder e FCI

Santiago de Compostela

Lic./grao Dereito (mérito)

5

FCC030000315770013

FC

Técnico/a de auditoría

A1/A2

25

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Santiago de Compostela