Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 70/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Martínez Martínez contra Calvi Proyectos, S.L., se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:
«Estímase a demanda presentada por instancia de Javier Martínez Martínez contra a entidade Calvi Proyectos, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 9.495,31 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.
Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se deberá presentar no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao da notificación da presente sentenza, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo da consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e os requisitos previstos nos artigos 190 e 191, ambos da Lei reguladora da xurisdición social».
E para que sirva de notificación en legal forma a Calvi Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza


