Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2018 Páx. 53953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 16/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 16/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian José Baleato Nieto contra a empresa Vilariño Enxebre, S.L., Natalia Pérez Castro, S.L.N.E., Esugani, S.L., Lizagalia e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Estímase a demanda presentada por instancia de Cristian José Baleato Nieto contra Pérez Castro Natalia, S.L., Esugani, S.L., e contra Vilariño Enxebre, S.L. e Lizagalicia, S.L. Declaro extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno solidariamente as empresas demandadas a que lle aboen a cantidade de 4.025,19 euros en concepto de indemnización calculada a razón de 39,56 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 26 de decembro de 2016, ata a data desta sentenza, por importe de 27.612,88 euros. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Condeno, así mesmo, a empresa a aboarlle á parte demandante a cantidade de 14.439 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Para que sirva de notificación en legal forma a Vilariño Enxebre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no el Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza