Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54450

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 14 de decembro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de acordo co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.6 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar reclamación contra a baremación no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións irán dirixidas ao tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

José Francisco Alonso Picón
Presidente do tribunal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

base II.2.1

Puntuación

base II.2.2

Total

33272323V

López Souto, María Dolores

35

4

39

34955830Q

Vázquez Hernández, Manuel

0

2,40

2,40