Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (881/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 881/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Flores de Rus contra Limpintegra XXI, S.L., Mantelnor Limpiezas, S.L. con intervención do Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade número 881/2017.

Demandante: María Flores de Rus.

Letrado: Sra. García Pombo.

Demandados:

Limpintegra XXI, S.L.

Mantelnor Limpiezas, S.L.

Letrado: Sra. Rey López.

Fogasa.

Sentenza número 450/18.

Estimo parcialmente a demanda formulada por María Flores de Rus fronte a Limpintegra XXI, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar á primeira a suma de 693,03 euros brutos en concepto de débeda salarial así como o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) con absolución da codemandada Mantelnor Limpieza, S.L.

Impóñense a Limpintegra XXI, S.L. as custas deste procedemento por non comparecer sen causa xustificada algunha a este xuízo nin ao acto conciliatorio, co límite de 600 euros e incluídos honorarios da defensa da parte demandante, ao coincidir esencialmente o resolto nesta sentenza ditada co peticionado na papeleta conciliatoria e demanda pola parte demandante.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe ningún algún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza