Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (856/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 856/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Probaos Otero contra a Federación Galega de Fútbol, Federación Galega de Fútbol sala, sendo parte o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 856/2017.

Demandante: Miguel Ángel Probaos Otero.

Letrado: Sr. López Vázquez.

Demandados:

Federación Galega de Fútbol.

Letrado: Sr. Gallego Rivera.

Federación Galega de Fútbol Sala.

Letrado:

Fogasa.

Sentencia número 458/18

A Coruña, 21 de novembro de 2018.

Decido:

Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Miguel Ángel Probaos Otero fronte á Federación Galega de Fútbol e, en consecuencia, declaro a improcedencia do devandito despedimento e condeno a esta última a que readmita, inmediatamente, o traballador ao seu posto de traballo coas mesmas condicións de traballo de que gozaba no momento inmediatamente anterior a que non fose subrogado por esa empresa (31.7.2017), así como a que lle pague os salarios deixados de percibir desde o despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 25,11 euros/día; ou ben, a que extinga a relación laboral co traballador e lle satisfaga a indemnización de 621,49 euros.

Desestimar a demanda formulada polo demandante fronte á Federación Galega de Fútbol Sala e absolvela de todos os pedimentos formulados fronte a ela.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles de que, contra ela poderase interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito; pasados estes será declarada firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinada. Javier López Cotelo

Publicada

Asinado. Marta Yanguas del Valle»

E para que sirva de notificación en legal forma á Federación Galega de Fútbol Sala, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza