PO Procedemento ordinario 872/2017
Demandante: Felipe Figueroa Sendón
Demandado: Fondo de Garantía Salarial, Seguridad y Planificación Galicia, S.L.
Avogado: letrado de Fogasa
Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 872/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Figueroa Sendón contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:
«Acordo:
– Citar ás partes para que comparezan o día 31 de xaneiro de 2019 ás 11.15 horas na secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non alcanzar a avinza, o día 31 de xaneiro de 2019 ás 11.20 horas na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.
– Advírtese a parte demandante de que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, teráselle por desistida da súa demanda. Advírteselle igualmente á parte demandada de que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.
– Respecto aos outrosí solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), paso dar conta ao xuíz.
Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.
– Antes da notificación desta resolución ás partes paso dar conta a SSª do sinalamento efectuado.
Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, dirección electrónica ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.
A letrada da Administración de xustiza».
E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza