Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (505/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 505/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Georgiana Ducov contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., administración concursal de Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Fogasa sobre despedimento, ditouse auto de aclaración de 13.11.2018 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Ha lugar á seguinte corrección do erro apreciado na decisión da sentenza ditada: onde di “Dna. María Rocío Liste Rodríguez,” ha de dicir “Dna. Xeorxiana Ducov”.

Contra esta resolución non cabe ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L.,en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia .

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza