Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente IN407A 2016/94, 8403 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: CD Campo da Feira rúa Mercado-Guitiriz.

Situación: concello de Guitiriz.

Características técnicas:

– LMT soterrada a 20 kV con orixe no CT proxectado rúa do Mercado e final no CT avenida Deputación 7, cunha lonxitude de 170 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– LMT soterrada a 20 kV con orixe no CT avenida Deputación 7 e final no empalme proxectado ca LMT dirección CT ED Eladio (2631), cunha lonxitude de 130 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– LMT soterrada a 20 kV con orixe no CT proxectado rúa do Mercado e final na conversión aerosubterránea proxectada ca LMT dirección CT avenida Terra Chá (9686), cunha lonxitude de 70 metros de condutor tipo RHZ1-150.

– LMT soterrada a 20 kV con orixe no CT proxectado rúa do Mercado e final no empalme proxectado ca LMT dirección CT Iglesia (9713), cunha lonxitude de 60 metros de condutor tipo RHZ1-150.

– CT non prefabricado rúa do Mercado, cunha potencia proxectada de 2×1000 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA 24/20 kV B1-B2 (máquina bitensión proveniente do CD Campo da Feira-5166) e 630 kVA 24/20 kV B2-PA, no cal se instalarán 3 celas de liña, 2 de protección de trafo e un interruptor pasante.

– Desmontaxe da aparamenta do CD Campo da Feira-5166.

– Liña soterrada de baixa tensión con orixe no CD rúa do Mercado, formada por 2 circuítos en condutor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 20 de novembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo