Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada RBT Estrada Camposancos número 444, San Miguel de Oia, no concello de Vigo (expediente IN407A 2018/68-4).

A instalación denominada RBT Estrada Camposancos número 444, San Miguel de Oia (Vigo), no concello de Vigo, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 7 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 22 de xaneiro de 2019, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 7 de decembro de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana Mª Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

RBT Estrada Camposancos nº 444 San Miguel de Oia (Vigo).

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

ml aéreo

ml sub.

m2 aéreo

m2 subsolo

Concello

1

Castañeiras

Monte baixo

Mª Berta Deaño Lois e Paulino Trabazos Pérez

-

-

-

-

-

25,89

Vigo