Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1239/2017 por instancia de José Peteiro García contra a empresa Reparación e Electrodomésticos Lareira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza en data 19 de novembro de 2018 que copiada nos particulares necesarios di así:
«Decido.
Estimar a demanda formulada por José Peteiro García fronte á empresa Reparación y Electrodomésticos Lar, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Reparación y Electrodomésticos Lar, S.L. ao traballador.
– Condénase a Reparación y Electrodomésticos Lar, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 61.200 euros; o aboamento da devandita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento a razón de 60 euros diarios.
Notifíquese esta resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución para o que bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Reparación y Electrodomésticos Lar, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 29 de novembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza