Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54453

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1002/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 1002/2015 por instancia de María Soledad Brea Barreiro contra as empresas Durangal, S.L., Limpiezas y Mantenimientos Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza en data 6.11.18 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido

Estimar a demanda formulada por María Soledad Brea Barreiro fronte ás empresas Durangal, S.L. e Limpiezas y Mantenimientos Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Durangal, S.L. e Limpiezas y Mantenimientos Coruña, S.L. a aboar solidariamente ao demandante a cantidade de mil setecentos sesenta e nove euros con trinta e sete céntimos de euro (1.769,37 euros)».

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución para o que bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Durangal, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza