Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54493

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a homoxeneización da fachada marítima no tramo correspondente á praza de Portugal e á rúa do Porto da vila de Sanxenxo (expediente municipal U-069/17).

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o 30 de outubro de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao estudo de detalle para a homoxeneización da fachada marítima no tramo correspondente á praza de Portugal e á rúa do Porto, da Vila de Sanxenxo, tramitado por instancia de Reconstruye Spatium, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que, quen se considere afectado ou prexudicado, poida formular as alegacións que xulgue procedentes.

Sanxenxo, 16 de novembro de 2018

Telmo Martín González
Alcalde presidente