Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2018 Páx. 54494

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 3 do Plan xeral de Valga, por acordo do Pleno na sesión extraordinaria con data do 30 de novembro de 2018, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período o expediente quedará, con todos os documentos que integran o Plan xeral, incluído o estudo ambiental estratéxico, á disposición de calquera que queira examinalo nas dependencias municipais así como na sede electrónica deste concello [dirección https://www.valga.gal] para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenza naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é de dous anos contados deste a aprobación inicial, extinguíndose, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación do plan.

Valga, 5 de decembro de 2018

José María Bello Maneiro
Alcalde