Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que se describe no concello de Mos (expediente IN407A 2018/350-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS ATI722, CT Casal-Casalmorto.

Situación: Mos.

Características técnicas: a instalación situada no lugar de Casal, en Mos (Pontevedra) presenta as seguintes características:

1. LMTA a 15 kV con condutor tipo LA-56 de 1 metro de lonxitude, con orixe e final en apoio de formigón existente.

2. LMTA a 15 kV con condutor tipo LA-30 de 1 metro de lonxitude, con orixe e final en apoio de celosía existente.

3. LMTS a 15 kV con condutor tipo RHZ de 690 metros de lonxitude, con orixe en apoio de formigón existente e final en centro de transformación (CT) proxectado.

4. Centro de transformación con relación 15.000/400 V a 250 kVA.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 28 de maio de 2018, no BOP do 28 de maio de 2018, no xornal Faro de Vigo do 25 de maio de 2018 e no taboleiro de anuncios do Concello de Tomiño. Tamén se notificou individualmente aos titulares coñecidos dos predios afectados pola instalación e a través dun anuncio de notificación no BOE do 31 de maio de 2018 aos titulares descoñecidos, de acordo coa relación de bens afectados facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas ás súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 11 de decembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra