Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2018/348-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204,36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMTS VAR803A e CTC Urbanización Miramar.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea (actuación 1) a 20 kVA con condutor tipo RHZ de 63 metros de lonxitude, con orixe na LMTS existente do tramo de VAR803A de RHV-150 cara o CT Castelete (36C254), e final na cela de liña de media tensión do CT proxectado Urbanización Miramar. LMT subterránea (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 45 metros de lonxitude, con orixe na cela da LMT do CT proxectado Urbanización Miramar e final na LMTS existente do tramo VAR803A de RHV-150, cara ao CT Vilaxoán (36C250). CT con relación 20.000/400 V a 400 kVA, situado na planta baixa do edificio da gardería, na rúa Miramar, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 11 de decembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra