Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 309

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de decembro de 2018 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG núm. 246, do 27 de decembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Promoción interna

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro de destino

Concello

1

3531****

Rodríguez Díaz, Juan José

*

FCC030003036001011

FC

Xefatura Sección III

A1/A2

25

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Territorial de Pontevedra

Pontevedra

* Permanece no seu posto

Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro de destino

Concello

1

****8153

Gómez Sedes, Marta María

2

FCC050000515770002

FC

Xefatura Sección

A1/A2/C1

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

S.X. de Xestión do FSE e outros Programas Comunitarios

Santiago de Compostela

2

4482****

Ramos Pena, Marta

1

FCC030000315770021

FC

Técnico/a de auditoría

A1/A2

25

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S.X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Santiago de Compostela

3

****7041

Alonso de Abel, Rebeca

3

FCC050000115770022

FC

Xefatura Sección

A1/A2/C1

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

S.X. de Planificación e Operacións Financeiras

Santiago de Compostela