Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 307

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de decembro de 2018 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocados polas ordes do 18 de maio de 2015 e do 2 de decembro de 2016.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocados polas ordes do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio) e do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG núm. 246, do 27 de decembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas as que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación

1

****1012

Carro Espada, Raquel

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

2

4736****

Vázquez Pérez, Patricia Pilar

4

FCC050000415770008

FC

Xefatura Sección

A1/A2/C1

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

S.X. de Xestión do Feder e FCI

Santiago de Compostela

Lic./Grao dereito (mérito)

3

****5701

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

1

FCA200000115770016

FC

Xefatura Plans Inspección

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia

Área de Inspección Tributaria

Santiago de Compostela

4

3354****

Piñeiro Muñoz, Luis

5

FCC030000315770013

FC

Técnico/a de auditoría

A1/A2

25

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S.X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Santiago de Compostela

5

****4809

Prego Teira, Ramón

3

FCA291000036560226

FC

Subxefatura Unidade de Inspección

A2

24

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación Vigo

Vigo

6

3354****

Fernández Loureiro, David

2

FCA291000032001136

FC

Subxefatura Unidade de Inspección

A2

24

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación Ourense

Ourense