Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo da procedencia do reintegro do expediente da subvención á contratación indefinida inicial TR349A 2013/76-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao titular da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo de procedencia do procedemento de reintegro no correspondente expediente de subvención.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón do prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse un recurso de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e conforme a norma reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lémbraselles o seu dereito para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 10 de decembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data da resolución

TR349A 2013/76-1

Acier Metals Santiago, S.L.

B70360425

Caldas de Reis

Subvención á contratación indefinida inicial

7.11.2018