Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os acordos de inicio do procedemento de reintegro do expediente da subvención á contratación indefinida inicial de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil TR349I 2016/42-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo do inicio do procedemento de reintegro nos correspondentes expedientes de subvención.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren pertinente, entre a que debe constar unha relación da variación das altas e baixas do persoal adscrito, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non presentar alegacións en tempo e forma, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

A Coruña, 10 de decembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data da resolución

TR349I 2016/42-1

Importaciones Karimar, S.L.

B70429014

A Coruña

Subvención á contratación indefinida inicial

7.11.2018

TR349I 2016/62-1

Isabel María Paiva Silva

X1782326X

Boiro

Subvención á contratación indefinida inicial

7.11.2018