Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 495

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 54, do 16 de marzo) para cualificar o proceso selectivo que foi convocado mediante a Orde do 12 de abril de 2016 para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, adoptou por unanimidade os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Segundo o disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, convócase a José Manuel Amor Blanco, con DNI *043M, que non acreditou en prazo posuír o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo), para a realización do cuarto exercicio do proceso selectivo que terá lugar o día 10 de xaneiro de 2019, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.30 horas.

O aspirante deberá ir provisto de DNI ou de documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao lugar en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.

Segundo. Desestimar as reclamacións presentadas en relación coas puntuacións do terceiro exercicio da fase de oposición.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interporse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Camilo José Carrillo González
Presidente do tribunal