De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en adiante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público na seguinte categoría:
AS1802. Profesor/a asociado/a T3 (anexo).
A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, rúa Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index. Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).
O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.
Vigo, 3 de decembro de 2018
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Datos das prazas
Praza nº 1:
Referencia: |
AS1802-T02-535-A3-P5-01 |
Nº de prazas: |
1 |
Corpo/categoría: |
Profesor/a asociado/a T3 |
Área de coñecemento: |
Enxeñaría Eléctrica |
Departamento: |
Enxeñaría Eléctrica |
Titulación: |
Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado |
Centro de traballo: |
309 Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Campus de Vigo) |
Dedicación: |
Tempo parcial de 5 horas |
Duración contrato: |
2º semestre |
Perfil/docencia: |
[Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía] (Campus de Vigo): G290604 Instalacións de enerxías renovables |
Praza nº 2:
Referencia: |
AS1802-T15-570-A3-P6-01 |
Nº de prazas: |
1 |
Corpo/categoría: |
Profesor/a asociado/a T3 |
Área de coñecemento: |
Linguaxes e Sistemas Informáticos |
Departamento: |
Informática |
Titulación: |
Diplomado/enxeñeiro técnico/arquitecto técnico |
Centro de traballo: |
106 E. S. de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense) |
Dedicación: |
Tempo parcial de 6 horas |
Duración contrato: |
2º semestre |
Perfil/docencia: |
[E. S. de Enxeñaría Informática] (Campus de Ourense): G150405 Sistemas operativos II |
Praza nº 3:
Referencia: |
AS1802-X11-375-A3-P4-01 |
Nº de prazas: |
1 |
Corpo/categoría: |
Profesor/a asociado/a T3 |
Área de coñecemento: |
Filosofía |
Departamento: |
Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía |
Titulación: |
Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado |
Centro de traballo: |
202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra) |
Dedicación: |
Tempo parcial de 4 horas |
Duración contrato: |
2º semestre |
Perfil/docencia: |
[Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte] (Campus de Pontevedra): G110401 Antropoloxía: Pensamento e cultura |
Praza nº 4:
Referencia: |
AS1802-X11-375-A3-P5-02 |
Nº de prazas: |
1 |
Corpo/categoría: |
Profesor/a asociado/a T3 |
Área de coñecemento: |
Filosofía |
Departamento: |
Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía |
Titulación: |
Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado |
Centro de traballo: |
202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra) |
Dedicación: |
Tempo parcial de 5 horas |
Duración contrato: |
2º semestre |
Perfil/docencia: |
[Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte] (Campus de Pontevedra): G110401 Antropoloxía: Pensamento e cultura |
Praza nº 5:
Referencia: |
AS1802-X13-150-A3-P3-01 |
Nº de prazas: |
1 |
Corpo/categoría: |
Profesor/a asociado/a T3 |
Área de coñecemento: |
Dereito Financeiro e Tributario |
Departamento: |
Dereito Público Especial |
Titulación: |
Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado |
Centro de traballo: |
103 Facultade de Dereito (Campus de Ourense) |
Dedicación: |
Tempo parcial de 3 horas |
Duración contrato: |
2º semestre |
Perfil/docencia: |
[Facultade de Dereito] (Campus de Ourense): G081914 Dereito tributario da Unión Europea e internacional |