Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1117/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Suárez Belo contra Cotemac, S.L., sendo parte o Fogasa, sobre despedimento, se pronunciou a seguinte resolución:
«Xuíz: Javier López Cotelo
Procedemento: despedimento 1117/2017
Demandante: Ricardo Suárez Belo
Letrado: Sr. Quintáns López
Demandada: Cotemac, S.L.
Letrado: Fogasa
Sentenza 472/2018
A Coruña, 27 de novembro de 2018
Sentenza:
1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ricardo Suárez Belo fronte á empresa Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta sentenza.
2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 8.387,37 euros.
3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 48,41 €/día, o que dá a cantidade de 20.574,25 euros.
O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando cumpra.
Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderase interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se realizará o seu arquivamento.
Así o pronuncio, mando e asino.
Asinado. Javier López Cotelo.
Publicada.
Asinado. Marta Yanguas del Valle».
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 29 de novembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza