Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1118/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1118/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Méndez Viña contra Cotemac, S.L., sendo parte o Fogasa, sobre despedimento, se pronunciou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 1118/2017

Demandante: Jesús Méndez Viña

Letrado: Sr. Quintáns López

Demandada: Cotemac, S.L.

Letrado: Fogasa

Sentenza 471/2018

A Coruña, 27 de novembro de 2018

Sentenza:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Jesús Méndez Viña fronte á empresa Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta sentenza.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 8.387,37 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 48,41 €/día, o que dá a cantidade de 20.574,25 euros.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando proceda.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se realizará o seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinada. Javier López Cotelo.

Publicada.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza