Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 553

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de asunción de compentencias pola Deputación en materia de xestión tributaria do Concello de Burela.

A Deputación Provincial de Lugo no Pleno que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007 adoptou o acordo polo que aproba a Proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, e que foi modificado polos acordos do 28 de outubro de 2008 e do 29 de decembro de 2015.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do 19 de febreiro de 2008, publícanse as citadas bases, asi como o alcance e contido da delegación efectuada, sendo tamén publicadas no Diario Oficial de Galicia número 46, do 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia (en diante, BOP) número 286, do 13 de decembro de 2008, publícase a reforma das citadas bases e a última reforma públicase no BOP número 31, do 8 de febreiro de 2016.

O Concello de Burela, no Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o 30 de xullo de 2015, adoptou o correspondente acordo de delegación, e no Pleno do día 26 de novembro de 2015, adoptou un acordo de aclaración da base 11.2.

O día 4 de decembro de 2015 asinase o convenio entre o Concello de Burela e esta deputación provincial.

O Concello de Burela amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada mediante acordo adoptado polo Pleno, celebrado o 27 de setembro de 2018, que é aceptada pola Deputación Provincial, decreto do 7 de novembro de 2018, segundo o teor seguinte:

Primeiro. Aceptar a seguinte delegación, do Concello de Burela, no Acordo do 27 de setembro de 2018, que se fará efectiva a partir da súa publicación no BOP e no DOG:

– A recadación en período executivo das débedas derivadas de sancións en materia de tráfico.

Segundo. Acordar a publicación desta delegación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de novembro de 2018

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 1357/2016, do 1.7.2016)
Mayra García Bermúdez
Deputada delegada de Economía, Recadación e Facenda