Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 550

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da adxudicación e formalización do contrato do servizo de abastecemento de auga potable, rede de sumidoiros e depuración primaria.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 15.10.2018 foi adxudicado o contrato de prestación do servizo de abastecemento de auga potable, rede de sumidoiros e depuración primaria (fosas sépticas) do Concello de San Cibrao das Viñas. Publícase a súa adxudicación para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xunta de Goberno Local por delegación do Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 52/2018.

d) Enderezo da internet do perfil dO contratante: sancibrao.sedelectronica.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de abastecemento de auga potable, rede de sumidoiros e depuración primaria (fosas sépticas) do Concello de San Cibrao das Viñas.

c) Lote: non procede.

d) CPV (referencia de nomenclatura) 65100000-4, 90400000-1.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOP de Ourense, BOE, e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOUE: 27.2.2018.

BOP de Ourense: 3.3.2018.

BOE: 3.3.2018.

DOG: 5.3.2018.

Perfil do contratante: 28.2.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: contrato de servizos suxeito a regulación harmonizada por procedemento aberto, único criterio de adxudicación, prezo máis baixo.

4. Valor estimado do contrato: 5.078.946,72 €.

5. Orzamento base de licitación: 5.078.946,72 € máis IVE.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15.10.2018.

b) Data de formalización do contrato: 19.12.2018.

c) Contratista: Espiña y Delfín, S.L.

d) Importe de adxudicación:

– Tarifas aboadas polos usuarios do servizo e achega complementaria que ten que aboar o Concello, por importe de 93.996,00 € anuais máis 19.739,16 € de IVE distribuídas en 12 facturas mensuais.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

– Prezo máis baixo.

San Cibrao das Viñas, 27 de decembro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde