Cédula de notificación:
No procedemento de exequatur número 586/2017, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
Auto
En Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2018.
Feitos:
Primeiro. O procurador dos tribunais Gabriel Santos Conde, en nome e representación de Juan Ramón Rial Nine, presentou solicitude de exequatur en recoñecemento e execución de sentenza de divorcio estranxeira ditada o día 16 de xuño de 2011 polo Tribunal Civil Rexional Montagnes e Val de Ruz de la República e Cantón de Neuchatel de Suíza entre Juan Ramón Rial Nine e María de los Ángeles Guzmán Lara.
Segundo. Incoado o procedemento por dilixencia de ordenación do 9.11.2017, tramitouse traslado ao Ministerio Fiscal.
Terceiro. Dado traslado ao Ministerio Fiscal, informou no sentido de non opoñerse ao outorgamento de exequatur e que se acorde o recoñecemento da sentenza ditada o día 16 de xuño de 2011 polo Tribunal Civil Regional Montagnes e Val de Ruz de la República e Cantón de Neuchatel de Suíza.
Parte dispositiva:
Que debo acordar e acordo acceder á solicitude de exequatur presentada polo procurador dos tribunais Gabriel Santos Conde, en nome e representación de Juan Ramón Rial Nine, e en consecuencia, debo outorgar exequatur en recoñecemento da sentenza ditada en proceso de divorcio ditada o día 16 de xuño de 2011 polo Tribunal Civil Regional Montagnes e Val de Ruz de la República e Cantón de Neuchatel de Suíza, na que se acorda o divorcio entre os cónxuxes Juan Ramón Rial Nine e María de los Ángeles Guzmán Lara.
Unha vez firme a presente resolución remítase testemuño do presente auto ao Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio ao obxecto da súa inscrición, así como dos particulares necesarios para tal fin.
E como consecuencia do ignorado paradoiro de María de los Ángeles Guzmán Lara, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.
Vilagarcía de Arousa, 19 de novembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza