Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 955

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (322/2016).

Eu, María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio de contencioso seguido por instancia de Lucía Noche Novo fronte a Gabriel Alejandro Marín Ossandón pronunciouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 218/2016.

Lugo, 2 de setembro de 2016.

Vistos por Ana Freire Calvo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, os presentes autos de divorcio contencioso nº 322/2016-A, seguidos por instancia de Lucía Noche Novo, representada polo procurador Carlos Cabo Silva, e baixo a dirección letrada de Juan Manuel Vidal Pardo; contra Gabriel Alejandro Marín Ossandón, en situación de rebeldía procesual.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Pola representación procesual da parte demandante formulouse demanda de divorcio contencioso, solicitando a disolución do vínculo matrimonial, por causa de divorcio, polo procedemento regulado no artigo 770 da Lei de axuizamento civil, conforme as prescricións legais, na cal, logo de alegación dos feitos e fundamentos de dereito, remata suplicando que se pronuncie sentenza nos termos da petición que consta neste.

Segundo. Admitida a trámite a demanda polas canles do artigo 770 da LAC, déuselle traslado desta á parte demandada, a cal non contestou a demanda en tempo e forma conforme consta en autos, polo que se lle declarou en situación de rebeldía procesual.

Terceiro. Convocadas as partes ao acto de vista, esta celebrouse con data do 1.9.2016, co resultado que consta en acta e que resulta da gravación. Practicada a proba admitida, deuse por rematado o acto.

Cuarto. No presente procedemento practicáronse probas pertinentes, non sendo necesario a práctica de novas probas, quedando os autos pendentes de pronunciar sentenza.

Quinto. Na tramitación do presente procedemento observáronse as prescricións legais.

Decisión:

Que estimando a demanda de divorcio presentada por Lucía Noche Novo, representada polo procurador Carlos Cabo Silva; contra Gabriel Alejandro Marín Ossandón, en situación de rebeldía procesual, declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Lucía Noche Novo e Gabriel Alejandro Marín Ossandón, con todos os efectos e consecuencias legais que lle son inherentes, declarando, en concreto, a disolución do réxime económico matrimonial, sen que caiba adoptar medida algunha; non procede a imposición de custas.

Comuníquese esta sentenza, unha vez que sexa firme, aos rexistros civís correspondentes para os efectos rexistrais oportunos.

Expídase testemuño desta sentenza e lévese aos autos da súa razón, quedando o orixinal arquivado no libro de sentenzas civís do xulgado. Notifíqueselle esta ás partes con advertencia de que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 458 da LAC, deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza no día da data pola xuíza en funcións de substitución que a subscribe en Audiencia Pública da que eu, secretario; dou fe».

E atopándose este demandado, Gabriel Alejandro Marín Ossandón, en paradoiro descoñecido, expídese o este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lugo, 9 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza