Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 917

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2018 pola que se publica a Resolución do 23 de novembro de 2018 das axudas convocadas na Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes de corporacións locais, e se convocan para o 2018 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014 -2020).

Mediante a Orde do 27 de xuño de 2018 (DOG núm. 131, do 10 de xullo) publicáronse as bases reguladoras das axudas da Consellería de Política Social para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e convocáronse para o ano 2018.

Pola súa vez, dado que o crédito previsto na convocatoria resultou insuficiente para atender todas as solicitudes recibidas, facendo uso do previsto no artigo 2.2 da Orde do 27 de xuño, acordouse incrementar o crédito destinado a estas axudas mediante a publicación da Orde do 20 de novembro de 2018 (DOG núm. 224, do 23 de novembro).

De conformidade co artigo 13 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, corresponde, por delegación, á directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que deberá resolver no prazo de quince (15) días desde a data de elevación da proposta.

O artigo 14 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de novembro de 2018, ditada no procedemento BS403E, de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 23 de novembro de 2018 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días computado a partir do día seguinte da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2018

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 23 de novembro de 2018 ditada no procedemento BS403E de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Orde do 27 de xuño de 2018, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás corporacións locais que se relacionan no anexo I e que figuraban en reserva no anexo II da Resolución do 25 de outubro, as axudas reguladas pola Orde do 27 de xuño, con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312B.760.0, como consecuencia do incremento do crédito destinado a estas axudas mediante a Orde do 20 de novembro de 2018 (DOG núm. 224, do 23 de novembro), ata esgotar o dito crédito.

Esta axuda pública está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e en particular:

Obxectivo temático 10. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento de infraestruturas en educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1. Mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4.b). Axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CE052-Infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón que o beneficiario acepta ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 27 de xuño de 2018.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 18 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento a entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 19 da Orde do 27 de xuño de 2018.

Segundo. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 13 da Orde do 27.6.2018, DOG núm. 131, do 10 de xullo). A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Mª Amparo González Méndez.

ANEXO I

Axudas concedidas

Núm

Provincia

Concello solicitante

NIF

Escola infantil

Investimento solicitado

Achega concello

Puntos

Axuda

concedida

PO-2018/1

Pontevedra

Catoira

P3601000G

EIM de Catoira

32.329,47 €

539,24 €

65

13.155,84 €

OU-2018/4

Ourense

Maceda

P3204400J

EIM

Contacontos

29.533,06 €

 0,00 €

65

29.533,06 €

LU-2018/8

Lugo

Lourenzá

P2702700B

PAI Meniños

17.612,92 €

0,00 €

65

9.581,54 €

CO-2018/12

Coruña, A

Tordoia

P1508500D

PAI de Tordoia

12.825,05 €

0,00 €

65

3.857,53 €

OU-2018/9

Ourense

Vilariño de Conso

P3209300G

PAI de Vilariño de Conso

34.912,38 €

 0,00 €

65

20.314,98 €

CO-2018/18

Coruña, A

Baña, A

P1500700H

PAI da Baña

34.994,76 €

0,00 €

65

28.074,60 €

LU-2018/14

Lugo

Vicedo, O

P2706400E

PAI de O Vicedo

34.963,91 €

0,00 €

65

30.569,71 €

CO-2018/28

Coruña, A

Val do Dubra

P1508900F

EIM de Val do Dubra

24.022,72 €

0,00 €

65

14.861,02 €

CO-2018/30

Coruña, A

Cabanas

P1501500A

PAI As Viñas

34.814,24 €

0,00 €

65

16.583,99 €

CO-2018/31

Coruña, A

Cerceda

P1502400C

EIM

Os Pillabáns

34.992,23 €

0,00 €

65

31.315,90 €

LU-2018/19

Lugo

Muras

P2703300J

PAI de Muras

14.246,44 €

0,00 €

65

14.236,62 €

CO-2018/10

Coruña, A

Bergondo

P1500800F

EIM

de Bergondo

7.391,65 €

1.478,33 €

60

5.913,32 €

CO-2018/15

Coruña, A

Cabana de Bergantiños

P1501400D

EIM A Casa dos Títeres

31.806,82 €

0,00 €

60

25.435,48 €

LU-2018/11

Lugo

Cospeito

P2701500G

EIM

de Cospeito

34.269,98 €

0,00 €

60

26.208,99 €

CO-2018/6

Coruña, A

Santa Comba

P1507800I

EIM de Santa Comba

23.213,37 €

3.213,37 €

55

20.000,00 €

PO-2018/12

Pontevedra

Cañiza, A

P3600900I

EIM de A Cañiza

34.993,86 €

0,00 €

55

31.576,34 €

CO-2018/34

Coruña, A

San

Sadurniño

P1507700A

EIM A Rolada

6.188,00 €

0,00 €

55

6.188,00 €

CO-2018/2

Coruña, A

Corcubión

P1502800D

EIM

de Corcubión

31.817,75 €

0,00 €

55

24.520,48 €

PO-2018/4

Pontevedra

Ponteareas

P3604200J

EIM

de Ponteareas

17.666,00 €

2.666,00 €

50

15.000,00 €

CO-2018/9

Coruña, A

Padrón

P1506600D

EIM de Padrón

16.931,20 €

0,00 €

50

5.250,86 €

LU-2018/2

Lugo

Viveiro

P2706700H

EIM de Viveiro

4.308,74 €

0,00 €

50

1.896,14 €

CO-2018/3

Coruña, A

Narón

P1505500G

EIM A Gándara/ EIM Os Piñeiros/EIM

A Solaina

15.669,11 €

0,00 €

50

931,94 €

CO-2018/4

Coruña, A

Pontes de García

Rodríguez, As

P1507100D

EIM Barosa

14.207,83 €

0,00 €

50

5.841,10 €

LU-2018/7

Lugo

Monforte de Lemos

P2703100D

EIM de

Monforte de Lemos

4.209,95 €

421,00 €

50

3.788,95 €

OU-2018/8

Ourense

Vilar de Santos

P3209100A

PAI de Vilar de Santos

10.159,89 €

 0,00€

50

8.061,70 €

CO-2018/20

Coruña, A

Trazo

P1508700J

PAI de Trazo

5.715,51 €

0,00 €

50

5.177,06 €

LU-2018/10

Lugo

Palas de Rei

P2704000E

EIM de Palas de Rei

34.699,49 €

0,00 €

50

17.515,46 €

PO-2018/8

Pontevedra

Meaño

P3602700A

EIM de Meaño

21.998,79 €

1.998,79 €

45

17.161,58 €