Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 867

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

EXTRACTO da Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2019.

BDNS (Identif.). 431273.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

b) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

c) As persoas titulares de explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

Segundo. Obxecto

Reducir os ataques das especies de fauna silvestre (lobo e xabaril), ás explotacións agrícolas e/ou gandeiras, mediante a aplicación de medidas de protección.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2019.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 300.000 €. Destínase un importe de 200.000 € para as medidas de prevención de danos á gandaría e de 100.000 € para as medidas de prevención de danos á agricultura. Subvencionarase a adquisición de:

1. Cans para a protección e defensa do gando, ata un importe máximo de 500 € por can.

2. Adquisición de pastores eléctricos. A contía máxima da axuda por explotación é de 600 €.

3. Adquisición de valados fixos electrificados. O importe máximo da axuda será de 3,00 € por metro lineal ata un máximo de 1.500 € por valado.

4. Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica. A contía máxima da axuda será de 3,70 € por metro lineal ata un máximo de 3.700 € por valado.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir da data de entrada en vigor da orde.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda