Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 820

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2019.

De acordo co disposto no artigo 148.1.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15 do Estatuto de Autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de conservación da natureza.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten atribuída a competencia na conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, segundo o establecido no Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en relación co Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, e co Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

As poboacións dalgunhas especies silvestres están ocasionando que, con máis frecuencia, as colleitas agrícolas, os aproveitamentos forestais e a produción gandeira se vexan afectados negativamente. Para evitar estes danos é necesario poñer en marcha un conxunto de medidas que permitan protexer no posible os cultivos e as producións máis sensibles.

En todo caso, considérase conveniente protexer os cultivos agrícolas e as producións gandeiras naqueles lugares en que as características do medio se mostran especialmente propicias para que tales producións sexan afectadas.

O réxime xeral das axudas e subvencións nas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario a norma principal constitúea o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto e principios

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, procedendo á súa convocatoria para o ano 2019 (procedemento MT809D).

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Actuacións subvencionables

1. Ao abeiro desta orde, subvencionarase:

a) Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: constará dunha subliña 1 para a adquisición de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada e doutra subliña 2, para a adquisición e instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en ambos casos, con posterioridade á publicación desta orde.

b) Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.

2. Non será obxecto de subvención:

a) O imposto sobre o valor engadido (IVE).

b) O transporte dos materiais, a man de obra para a instalación e mantemento dos pastores eléctricos e todos aqueles que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da actuación subvencionable.

Artigo 3. Persoas beneficiarias e requisitos

1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo:

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Reaga) de Galicia.

2. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril.

Poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa de produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

3. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Artigo 4. Adquisición de cans protectores e defensores do gando

1. Será subvencionable a adquisición de cans protectores e defensores do gando cunha idade inferior ou igual aos catro meses, das seguintes razas: mastín español, mastín do Pirineo e can de palleiro, así como os gastos da súa identificación, debendo a persoa interesada achegar a documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente, e a documentación acreditativa da identificación do animal e a súa inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), de acordo co establecido no punto 3 da disposición transitoria primeira da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. Así mesmo deberase achegar o certificado da entidade xestora do libro xenealóxico da raza, que acredite que o animal está rexistrado no libro xenealóxico da raza correspondente.

2. Estas axudas poderán cubrir a totalidade do custo de adquisición dos cans protectores e defensores do gando, así como os gastos da súa identificación. O número dos animais subvencionables por explotación estará en función do número de reses da explotación gandeira, podendo subvencionarse un máximo dun can protector e defensor do gando por rabaño de ata 60 reses de gando menor ou 15 reses de gando maior; ata un máximo de dous cans por explotación, cando se supere este número de reses.

3. O importe máximo das axudas non excederá os 500 euros por can.

Artigo 5. Adquisición de pastores eléctricos

1. As axudas relativas á adquisición dos pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición, IVE excluído, ata un máximo de 3 pastores eléctricos por persoa beneficiaria.

2. A contía máxima da axuda por explotación será de 600 euros.

3. O importe máximo das axudas para a adquisición de pastores eléctricos será de 150 euros por pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica, e de 300 euros por pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico.

4. O número de pastores eléctricos que poderá subvencionarse por explotación gandeira ou agraria, asignarase de acordo co seguinte:

a) No caso dunha explotación gandeira de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, e equino; en función do número de reses de gando maior e menor con que conte a explotación:

Núm. de reses de gando menor*

Núm. de reses de gando maior*

Núm. de pastores eléctricos

De 1 a 50

De 1 a 20

1

De 51 a 100

De 21 a 50

2

Máis de 100

Máis de 50

3

*Para os efectos desta axuda considérase:

– Gando maior: gando bovino, equino e asnal.

– Gando menor: gando ovino, caprino e porcino.

b) No caso dunha explotación agraria; en función da superficie admisible declarada na solicitude única da Política Agraria Comunitaria (PAC) do ano 2018.

Superficie admisible declarada (hectáreas)

Núm. de pastores eléctricos

Menor ou igual a 10

1

De 11 ata 20

2

Máis de 20

3

c) Para persoas propietarias de explotacións agrícolas destinadas ao autoconsumo, establécese un máximo dun pastor eléctrico por persoa beneficiaria.

5. Os pastores eléctricos que se adquiran, deben cumprir como mínimo coas seguintes características técnicas:

a) Enerxía mínima de saída de 2 joules.

b) Alimentación mediante batería ou rede eléctrica.

c) Se a batería se alimenta mediante panel fotovoltaico, este será como mínimo de 10 watts.

d)Tensión mínima de saída de 8 kV.

Artigo 6. Adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada

As mallas terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde.

As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada, IVE excluído.

A contía máxima da dita axuda será de 100 euros por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación.

Artigo 7. Adquisición e instalación de valados fixos

a) Valados fixos electrificados.

Os valados fixos electrificados terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde.

Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.

O importe máximo da axuda será de 3 euros por metro lineal ata un máximo de 1.500 euros por valado, IVE excluído.

b) Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica.

Os valados fixos con malla gandeira ou cinexética terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde.

Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 50 reses de gando menor ou 20 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.

O importe máximo da axuda será de 3,7 euros por metro lineal ata un máximo de 3.700 euros por valado, IVE excluído.

En todo caso a persoa beneficiaria deberá contar no momento do inicio dos traballos coas licenzas e autorizacións preceptivas que exixan as diferentes administracións públicas competentes e entidades vinculadas ou dependentes delas, ao abeiro da normativa sectorial que poida resultar de aplicación.

O servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que corresponda, en función do territorio, realizará a inspección previa en campo e levantarán a acta de non inicio, antes do inicio da instalación do valado, e certificarán o remate dos traballos conforme os requisitos establecidos nesta orde e na memoria xustificativa presentada polo solicitante.

Artigo 8. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento MT809D.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes destas.

Se algunha das persoas interesadas, que estea obrigada a presentar a súa solicitude a través de medios electrónicos, presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes en soporte en papel nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

2. A solicitude de axuda segundo o anexo II desta orde (procedemento MT809D), inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante:

a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.

b) Declaración de conta para a transferencia bancaria.

c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) No caso de solicitude de axuda para a adquisición e instalación de valados fixos, declaración responsable de contar coas licenzas e autorizacións preceptivas que resulten de aplicación.

Artigo 9. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Xunto coa solicitude de axuda (anexo II desta orde), presentarase a seguinte documentación:

• Se a persoa titular é unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta co acordo dos/as partícipes para solicitar a subvención. Cando se trate dunha comunidade de bens, acreditarase que o acordo foi tomado pola maioría dos seus membros e o réxime de participación de cada un deles na dita comunidade. Cando se trate dunha comunidade de montes veciñais en man común o acordo deberá estar tomado en asemblea e acreditado mediante acta ou certificación da secretaría.

• Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, deberase acreditar a representación legal con que se actúa.

No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:

a) Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna (poder notarial, representación legal, copia de escrituras ou poder onde se acredite a representación legal...).

b) Mediante apoderamento apud acta efectuado por comparecencia persoal ou comparecencia electrónica na correspondente sede electrónica, ou a través da acreditación da súa inscrición no rexistro electrónico de apoderamentos da Administración pública competente.

1) No caso de explotacións agrarias de autoconsumo e explotacións gandeiras que soliciten a adquisición de pastores eléctricos deberá acreditarse a titularidade da explotación a través de calquera dos medios de proba admitidos en dereito.

2) No caso de explotacións gandeiras que soliciten a adquisición e instalación de valados fixos, deberá acreditarse a dispoñibilidade sobre os terreos onde se pretendan realizar as actuacións a través de calquera dos medios de proba admitidos en dereito.

3) Nas solicitudes para a adquisición e instalación de valados fixos deberá achegarse unha memoria explicativa do proxecto ou anteproxecto, que conteña a seguinte información mínima:

– Datos da persoa solicitante: nome e apelidos/razón social e NIF.

– Datos dos terreos en que se localizarán as actuacións: coordenadas xeográficas e código Sixpac da parcela ou referencia catastral.

– Descrición das actuacións que se vaian executar, con indicación dos diferentes conceptos, unidades e cantidades empregadas.

– Orzamento detallado e orzamento total das actuacións que vaian realizar.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos en poder das administracións públicas:

a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

c) Consulta do NIF da entidade solicitante para as persoas xurídicas.

d) Consulta do NIF da entidade representante.

e) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

g) Estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia.

h) Consulta da inscrición no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, no caso de explotacións gandeiras.

i) Consulta do censo gandeiro da explotación referido a unha data posterior á da entrada en vigor desta orde de axudas, obtido da base de datos da aplicación informática da Consellería do Medio Rural, no caso de explotacións gandeiras.

j) Consulta da inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, no caso de explotación agrarias.

k) Consulta das referencias Sixpac das parcelas en que se aplicarán as medidas de prevención subvencionadas, unicamente no caso de explotacións agrarias dedicadas ao autoconsumo.

l) Consulta da superficie admisible declarada na solicitude única da Política Agraria Comunitaria (PAC) do ano 2018, de ser o caso.

m) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

n) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

ñ) Consulta de concesións pola regra minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado na solicitude e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 12. Notificación

As resolucións expresas de aprobación ou de denegación notificaránselles ás persoas interesadas seguindo os criterios dos artigos 41 a 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou sexa expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes, contado a partir da data de entrada en vigor desta orde.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 14. Criterios para a concesión da axuda

Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo:

a) Subliña 1 para a concesión de axudas para a adquisición de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada. Establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia:

1. Titulares de explotacións gandeiras que non recibiron axudas polos mesmos conceptos en convocatorias de anos anteriores: 10 puntos.

2. Existencia de danos ocasionados polo lobo na explotación gandeira entre o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018, que fosen avaliados favorablemente pola Comisión de Valoración establecida na orde anual pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos por esta especie: 20 puntos, incrementándose en 0,5 puntos por cada un dos danos sufridos neste período, ata un máximo de 5 puntos.

3. Localización da explotación gandeira: outorgaranse 10 puntos a aquelas explotacións localizadas nalgún dos concellos indicados no anexo III desta orde.

4. Número de cabezas de gando:

• Gando maior:

– Máis de 10 cabezas: 4 puntos.

– Máis de 20 cabezas: 10 puntos.

– Máis de 50 cabezas: 20 puntos.

• Gando menor:

– Máis de 30 cabezas: 6 puntos.

– Máis de 60 cabezas: 12 puntos.

– Máis de 100 cabezas: 25 puntos.

No caso de explotacións mixtas de gando maior e menor a puntuación resultante será o sumatorio dos puntos obtidos polo número de cabezas de gando maior e menor.

5. Titulares de explotacións gandeiras que teñan contratada unha liña de aseguramento gandeiro que inclúa como riscos asegurables os ataques ao gando por animais silvestres: 5 puntos.

A concesión das axudas por cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, de acordo cos criterios de valoración anteditos, e adxudicarase, cos límites fixados na convocatoria dentro do crédito dispoñible, a aquelas que teñan obtido maior valoración en aplicación dos citados criterios, ata esgotar o dito crédito.

En caso de empate na puntuación obtida, este resolverase tendo en conta a valoración no criterio número 1. De persistir o empate, atenderase á cualificación no criterio número 2. Se continúa a igualdade, dirimirase o empate a favor da solicitude que acredite un maior número de cabezas de gando.

b) Subliña 2 para a concesión das axudas para a adquisición e instalación de valados fixos. Establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia:

1. Explotacións gandeiras en que se teña producido un número mínimo de tres episodios de danos consecutivos nun período de tempo igual ou inferior a 52 días, no período comprendido entre o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2017 e que fosen avaliados favorablemente pola Comisión de Valoración establecida na orde anual pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos por esta especie: 10 puntos.

2. Número de reses afectadas polos danos ocasionados polo lobo entre o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2017, que foran avaliados favorablemente pola Comisión de Valoración establecida nas ordes anuais pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos por esta especie:

• Número de reses afectadas de gando maior:

– Entre 5 e 9 reses: 5 puntos.

– De 10 a 15 reses: 10 puntos.

– Máis de 15 reses: 20 puntos.

• Número de reses afectadas de gando menor:

– Entre 10 e 14 reses: 5 puntos.

– De 15 a 20 reses: 10 puntos.

– Máis de 20 reses: 20 puntos.

No caso de explotacións mixtas de gando maior e menor a puntuación resultante será o sumatorio dos puntos obtidos polo número de cabezas de gando maior e menor.

3. Titulares de explotacións gandeiras que teñan contratada unha liña de aseguramento gandeiro que inclúa como riscos asegurables os ataques ao gando por animais silvestres: 5 puntos.

A concesión das axudas para a adquisición e instalación de valados fixos realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, de acordo cos criterios de valoración anteditos, e adxudicarase, cos límites fixados na convocatoria dentro do crédito dispoñible, a aquelas que teñan obtido maior valoración en aplicación dos citados criterios, ata esgotar o dito crédito.

En caso de empate na puntuación obtida, este resolverase tendo en conta a valoración no criterio número 1. De persistir o empate, atenderase á cualificación no criterio número 2. Se continúa a igualdade, dirimirase o empate a favor da solicitude que acredite un maior número de reses afectadas polos danos ocasionados polo lobo.

Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril:

Para a concesión das axudas para a adquisición de pastores eléctricos para a prevención de danos ocasionados polo xabaril, establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia:

1. Solicitantes que non recibiron axudas polos mesmos conceptos en convocatorias de anos anteriores: 20 puntos.

2. Explotacións agrícolas que estean comprendidas, total ou parcialmente, nalgún dos concellos indicados no anexo IV da presente orde: 20 puntos.

3. Superficie total xestionada pola explotación agraria inscrita no Reaga:

– Menor ou igual a 10 hectáreas: 5 puntos.

– De 11 a 20 hectáreas: 10 puntos.

– Máis de 20 hectáreas: 20 puntos.

4. Titulares de explotacións agrarias que teñan contratada unha liña de aseguramento que inclúa como riscos asegurables os danos aos cultivos agrarios ocasionados por animais silvestres: 5 puntos.

5. Explotación agraria destinada ao autoconsumo: 3 puntos.

A concesión das axudas realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas, de acordo cos criterios de valoración anteditos, e adxudicarase, cos límites fixados na convocatoria dentro do crédito dispoñible, a aquelas que teñan obtido maior valoración en aplicación dos citados criterios, ata esgotar o dito crédito.

En caso de empate na puntuación obtida, este resolverase tendo en conta a valoración no criterio número 1. De persistir o empate, atenderase á cualificación no criterio número 2. Se continúa a igualdade, dirimirase o empate a favor da solicitude que acredite unha maior superficie xestionada pola explotación agraria.

Artigo 15. Tramitación

1. As solicitudes remitiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. O Servizo de Caza e Pesca Fluvial examinará e revisará a documentación acompañante que se especifica no artigo 9 desta orde.

2. No caso de que fosen detectados erros ou omisións, requirirase a persoa interesada para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de recepción do requirimento, emende ou complete a solicitude, coa indicación de que, se non o fai así, se terá por desistido da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido nos artigos 42, 43, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os citados requirimentos de emenda poderanse facer, ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia ou na páxina web da Consellería de Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a cal producirá os mesmos efectos que a devandita notificación.

4. Sen prexuízo do disposto no parágrafo 2, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir a persoa solicitante que achegue a información e documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.

5. O Servizo de Caza e Pesca Fluvial emitirá informes á Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas para que esta continúe coa súa tramitación.

6. Unha vez recibidos os informes do Servizo de Caza e Pesca Fluvial, a Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, como órgano instrutor, realizará as propostas de resolución das solicitudes realizadas á Dirección Xeral de Patrimonio Natural ata esgotar o crédito consignado para o efecto.

7. En ningún caso se concederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados.

Artigo 16. Resolución e recursos

1. De conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a competencia para a concesión das axudas reguladas nesta orde corresponde á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A resolución que poña fin ao procedemento será motivada con suxeición ao establecido nas bases reguladoras desta orde.

2. O prazo máximo para resolver será de tres meses desde que se esgote o prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o prazo sen que se ditase resolución expresa, as persoas solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude, nos termos previstos no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A resolución ditada, segundo o disposto no número 1 deste artigo, poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 17. Aceptación da axuda concedida

O outorgamento da subvención debe ser aceptado pola persoa beneficiaria no prazo máximo de dez (10) días desde a súa notificación, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que a persoa beneficiaria non comunique a súa aceptación dentro do prazo indicado, considerarase que se entende tacitamente aceptada a axuda concedida.

Artigo 18. Compatibilidade

1. As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Estas axudas serán incompatibles coas cantidades percibidas en concepto de indemnización polos mesmos danos derivados dun expediente de responsabilidade patrimonial.

Artigo 19. Rexistro Público de Subvencións

1. A concesión das axudas para paliar os danos producidos polo lobo reguladas nesta orde será obxecto de inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, coa fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencionada en Galicia.

2. A solicitude para ser persoa beneficiaria de axudas para paliar os danos producidos polo lobo levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na solicitude. Non obstante, as persoas solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorran algunha das circunstancias previstas na alínea d), do número 2, do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 20. Modificación das actividades subvencionadas

Calquera modificación que se pretenda realizar nas actividades aprobadas, tanto no referente ao orzamento aprobado como ás distintas partidas que o compoñen, requirirá a aceptación expresa e previa da persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Para tal efecto, realizarase unha proposta de modificación xustificada, que se deberá presentar con quince días hábiles de anticipación á súa realización.

Artigo 21. Xustificación do gasto

1. O pagamento da cantidade adxudicada a cada persoa física ou xurídica queda condicionado á xustificación dos gastos obxecto de subvención.

2. O prazo máximo para presentar a xustificación dos gastos rematará o día 9 de setembro de 2019. Porén, poderase conceder, por petición xustificada da persoa física ou xurídica interesada realizada antes da finalización do prazo establecido sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros, unha ampliación do prazo de xustificación das axudas que non excederá a metade do prazo inicialmente previsto.

3. Para a xustificación do investimento obxecto de axuda, a persoa física ou xurídica beneficiaria deberá presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento segundo o anexo V.

b) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, así como acreditar, de ser o caso, o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia. Esta memoria axustarase aos modelos do anexo VI e VIII.

c) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, segundo o modelo do anexo VII.

d) Copia das facturas dos gastos xunto cos extractos de contas ou documento bancario debidamente identificados, selados e asinados pola persoa beneficiaria, de xeito que quede acreditada a efectiva realización dos pagamentos.

4. No momento da xustificación da execución total do proxecto, con anterioridade ao pagamento, a persoa beneficiaria deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

5. Vista a documentación presentada, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural fará, de ser o caso, proposta de pagamento da subvención concedida.

Artigo 22. Pagamento

O pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada, calculado en función da porcentaxe subvencionada do custo final da actividade.

O pagamento realizarase logo da verificación do órgano concedente do cumprimento da obriga de atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma nos termos previstos nos artigos 10 e 11 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 23. Crédito

1. Esta convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Por iso, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente, nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2019, no momento da resolución.

2. As axudas concedidas ao abeiro desta orde serán financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541.B.770.1, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, de acordo co seguinte:

a) Liña de prevención de danos ocasionados polo lobo: comprenderá ata un importe de douscentos mil euros (200.000 €, dos cales 140.000 € destinaranse á subliña 1 para a adquisición de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada e 60.000 € destinaranse á subliña 2 para a adquisición e instalación de valados fixos).

b) Liña de prevención de danos ocasionados polo xabaril: comprenderá ata un importe de cen mil euros (100.000 €).

A repartición anterior aplicarase sen prexuízo de que, unha vez atendidas todas as solicitudes para cada liña de actuación, poida utilizarse o posible orzamento sobrante nunha delas para atender solicitudes na outra.

3. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, cando o incremento derive de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) No suposto previsto no artigo 25.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, de ser o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

Artigo 24. Control das actividades subvencionadas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderán solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que fosen obxecto das axudas, consonte o establecido no artigo 30.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Disposicións xerais

1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As persoas beneficiarias están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos competentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da comunidade autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como a que lles requira calquera órgano comunitario de inspección ou control, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 36 da Lei 9/2007, citada, nos casos e termos previstos no artigo 33 da mesma lei.

Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión destes procedementos e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición adicional segunda. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

1. Cerrumes móbiles de malla electrificada:

Un valado electrificado instálase rodeando a parcela ou superficie en que se atopa o gando durante o día ou cercando os currais onde pasa a noite. Os valados electrificados desmontables permiten cambiar a súa situación en función das necesidades do gando.

As mallas electrificadas teñen que ter as seguintes especificacións:

– Altura mínima: 90 cm.

– Lonxitude mínima: 50 m.

2. Valados fixos:

a) Cerrumes fixos de cable ou de malla electrificada para a protección de explotacións de gando.

Este sistema consiste en engadir ao propio curro ou valado presente na explotación de forma habitual unha protección suplementaria, consistente na colocación dun valado de cables electrificados ou malla electrificada ao redor do anterior.

• Valado de cable (cable de arame de aproximadamente 2 mm de diámetro). Neste método, colócase un valo (de altura 1,80 a 2 metros) formado por entre 6 e 8 cables, suxeitados con postes. Os cables débense colocar máis xuntos preto do chan; cunha separación de menor a maior desde o primeiro (o máis próximo ao chan) ata o último.

• Valado de malla (malla de cor rechamante, laranxa). As medidas da luz da malla deben ser de 50×100 mm aproximadamente. Neste método colócase unha malla de altura 1,80 a 2 metros, con postes de suxeición incorporados a ela.

A electrificación obtense utilizando un enerxizador con batería recargada con panel fotovoltaico cunha voltaxe de saída media de 8 kV.

b) Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica de tipo 148/18/15 e postes de madeira tratada, instalada sobre postes de 2 m de lonxitude total e de aproximadamente 1,70 m de altura efectiva sobre terreo, dotada de dous fíos electrificados na parte superior da malla, o primeiro situado a 10 cm do borde superior daquela e o segundo e máis elevado, disposto a outros 10 cm do fío anterior. Tamén contará cun fío electrificado na parte inferior da malla, normalmente pola parte exterior e situado a uns 25 cm sobre o chan.

A malla gandeira e a cinexética instalarase sobre postes de madeira dispostos cada 3-4 m, en función das condicións topográficas. Cada 100 m ou nos cambios de sentido do peche, colócanse esteos para reforzar en ángulo formando un cadro de tres postes, un deles en horizontal, coa finalidade de que o conxunto soporte as tensións aplicadas á tea. Reforzarase a zona inferior da tea mediante o soterrado dos primeiros arames ou poderanse espetar picos metálicos de sección angular ou circular, de lonxitude e calibre variables (normalmente 30 cm e 40 mm, respectivamente). Para amarrar e manter tensa a tela aos postes colócanse parafusos, tensores e abrazadeiras en que se amarran os cables tensores da tea.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Concellos con maior probabilidade de incidencia de danos por lobo

Concellos

Aranga

Arzúa

A Baña

Boiro

Boqueixón

Carballo

Cerceda

Coirós

Corcubión

Coristanco

Culleredo

Curtis

Dumbría

Frades

Irixoa

A Laracha

Mañón

Mazaricos

Melide

Mesía

Monfero

Muxía

Muros

Negreira

Ordes

Oroso

Ortigueira

Outes

O Pino

As Pontes de García Rodríguez

Porto do Son

San Sadurniño

Santa Comba

Santiago de Compostela

Santiso

Sobrado

As Somozas

Teo

Toques

Tordoia

Touro

Trazo

Vilasantar

Vimianzo

Zas

Oza-Cesuras

Abadín

Alfoz

Barreiros

Becerreá

Begonte

Castro de Rei

Castroverde

Cervantes

O Corgo

Cospeito

Chantada

Folgoso do Courel

A Fonsagrada

Friol

Xermade

Guitiriz

Guntín

O Incio

Xove

Láncara

Lourenzá

Lugo

Meira

Mondoñedo

Monforte de Lemos

Monterroso

Muras

Navia de Suarna

Negueira de Muñiz

Ourol

Outeiro de Rei

Palas de Rei

Pantón

Paradela

O Páramo

A Pastoriza

Pol

A Pontenova

Portomarín

Ribadeo

Riotorto

Samos

Sarria

O Saviñao

Sober

Taboada

Trabada

Triacastela

O Valadouro

O Vicedo

Vilalba

Viveiro

Baralla

Allariz

Amoeiro

Avión

Baltar

Bande

Baños de Molgas

Beariz

Os Blancos

A Bola

O Bolo

Calvos de Randín

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Celanova

Cualedro

Chandrexa de Queixa

Entrimo

Xinzo de Limia

O Irixo

Laza

Lobeira

Lobios

Maceda

Manzaneda

Melón

A Merca

A Mezquita

Montederramo

Monterrei

Muíños

Nogueira de Ramuín

Porqueira

A Pobra de Trives

Punxín

Quintela de Leirado

Rairiz de Veiga

San Xoán de Río

Riós

San Amaro

Sarreaus

A Teixeira

A Veiga

Viana do Bolo

Vilar de Barrio

Vilar de Santos

Vilardevós

Vilariño de Conso

Arbo

Caldas de Reis

A Cañiza

Covelo

Cuntis

Dozón

A Estrada

Forcarei

Fornelos de Montes

Agolada

Lalín

A Lama

Mondariz

Moraña

Ponte Caldelas

Rodeiro

Silleda

Valga

Cerdedo-Cotobade

ANEXO IV

Concellos con maior probabilidade de incidencia de danos por xabaril

Concellos

Abadín

Abegondo

Agolada

Alfoz

Allariz

Ames

Antas de Ulla

Aranga

A Arnoia

Arteixo

Baiona

Baleira

A Baña

Baralla

O Barco de Valdeorras

Barreiros

Beade

Becerreá

Begonte

Bergondo

Betanzos

Boborás

Boimorto

Boiro

O Bolo

Boqueixón

Bóveda

Brión

Bueu

Cabana de Bergantiños

Cabanas

Caldas de Reis

Camariñas

Cambados

Cambre

Campo Lameiro

Cangas

A Cañiza

A Capela

Carballeda de Avia

Carballeda de Valdeorras

Carballedo

O Carballiño

Carballo

Cariño

Carnota

Carral

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Castro de Rei

Castroverde

Catoira

Cedeira

Cee

Celanova

Cenlle

Cerceda

Cerdedo-Cotobade

Cerdido

Cervantes

Cervo

Chantada

Coirós

O Corgo

Coristanco

Cortegada

Cospeito

Cotobade

Covelo

Crecente

Culleredo

Cuntis

Curtis

Dodro

Dozón

Dumbría

A Estrada

Ferrol

Folgoso do Courel

A Fonsagrada

Forcarei

Fornelos de Montes

Foz

Frades

Friol

Gondomar

A Guarda

A Gudiña

Guitiriz

Guntín de Pallares

O Incio

Irixoa

Lalín

Láncara

A Laracha

Larouco

Laxe

Leiro

Lourenzá

Lousame

Lugo

Maceda

Malpica de Bergantiños

Manzaneda

Mañón

Marín

Maside

Mazaricos

Meaño

Meira

Meis

A Merca

Mesía

A Mezquita

Miño

Moaña

Moeche

Mondariz

Mondoñedo

Monfero

Monforte

Montederramo

Monterrei

Monterroso

Mos

Muíños

Muras

Muros

Muxía

Narón

Navia de Suarna

Neda

Negueira de Muñíz

Negreira

As Neves

Nigrán

As Nogais

Nogueira de Ramuín

Noia

Oímbra

Oleiros

Ordes

Oroso

Ortigueira

Ourense

Ourol

Outeiro de Rei

Outes

Oza-Cesuras

Paderne

Padrenda

Padrón

Palas de Rei

Pantón

Parada de Sil

Paradela

A Pastoriza

Pazos de Borbén

O Pereiro de Aguiar

A Peroxa

Pedrafita do Cebreiro

Petín

O Pino

Piñor

A Pobra de Brollón

A Pobra do Caramiñal

A Pobra de Trives

Pol

Ponteareas

Ponteceso

Pontecesures

Pontedeume

A Pontenova

As Pontes de García Rodríguez

Pontevedra

O Porriño

Portas

Porto do Son

Portomarín

Punxín

Quiroga

Rábade

Rairiz de Veiga

Ramirás

Redondela

Rianxo

Ribadavia

Ribadeo

Ribadumia

Ribeira

Ribeira de Piquín

Riós

Riotorto

Rodeiro

Rois

O Rosal

A Rúa

Rubiá

Sada

Salceda de Caselas

Salvaterra de Miño

Samos

San Amaro

San Cibrao das Viñas

San Cristovo de Cea

San Sadurniño

San Xoán de Río

Sandiás

Santa Comba

Santiago de Compostela

Santiso

Sanxenxo

Sarreaus

Sarria

O Saviñao

Silleda

Sober

As Somozas

Soutomaior

Taboada

A Teixeira

Teo

Toén

Toques

Tordoia

Touro

Trabada

Trazo

Val do Dubra

O Valadouro

Valdoviño

Valga

Vedra

A Veiga

Verín

Viana do Bolo

O Vicedo, O

Vigo

Vila de Cruces

Vilagarcía de Arousa

Vilalba

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Vilanova de Arousa

Vilarmaior

Vimianzo

Viveiro

Xermade

Xinzo de Limia

Xove

Zas

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Memoria técnica e valorada onde deberá figurar como mínimo o seguinte:

a) Datos do solicitante.

b) Datos dos terreos en que se localizarán as actuacións.

c) Estado legal do predio obxecto da solicitude de axuda: coordenadas xeográficas, superficie, emprazamento, colindantes, accesos e parcela Sixpac.

d) Descrición das actuacións a levar a cabo, con indicación dos diferentes conceptos, unidades e cantidades que se empregan.

e) Prego de condicións técnicas do xeito de executar as actuacións.

f) Indicación dos terreos incluídos na Rede Natura 2000, en zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia que regula o Decreto 232/2008, do 2 de outubro.

g) Indicación e sinalización na cartografía das zonas con restricións establecidas pola autoridade competente en materia de aguas que deberán respectarse.

h) Orzamento detallado e orzamento total.

i) Cartografía: a planimetría das actuacións presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, huso 29, con referencia ao datum ETRS89, e terá que presentarse en soporte dixital en formato vectorial, en formato shapefile (shp), obtendo a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Indicará claramente o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos.