Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1189

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 27 de decembro de 2018 pola que se convoca un novo procedemento para a integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal laboral fixo de entidades públicas adscritas a esta consellería.

A disposición adicional décimo primeira do Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade, autoriza á consellería para realizar ata un máximo de tres ofertas de integración.

Esta consellería, mediante diversas ordes do ano 2007, desenvolveu o antedito decreto e tramitou unha primeira oferta de integración. Pola súa parte, a Orde do 9 de outubro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 17 de outubro) convocou un segundo procedemento de integración no cal participaron voluntariamente as persoas interesadas, optando as demais por manter o seu vínculo laboral orixinario.

Recentemente, o punto 15 (outras cláusulas) do Acordo polo que se establecen as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e as entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo, asinado o 6 de xullo de 2018 na mesa sectorial de negociación do persoal estatutario, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de xullo de 2018 e publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 144, do 30 de xullo, dispón que por ordes da Consellería de Sanidade realizaranse, no segundo semestre de 2018, novas ofertas de integración no réxime estatutario dirixidas, entre outros colectivos, ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do referido Decreto 91/2007, do 26 de abril. Engade que o persoal que resulte integrado poderá acceder ao grao I nas condicións e cos mesmos efectos previstos no réxime transitorio e excepcional de encadramento.

En virtude do anterior, e de conformidade coas atribucións que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde dítase en execución do Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade, e ten por obxecto abrir un novo prazo para a integración voluntaria no réxime estatutario do persoal laboral fixo que, estando incluído no ámbito de aplicación das seguintes ordes, non resultou integrado no réxime estatutario:

a) Orde do 14 de agosto de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Hospital de Verín (Diario Oficial de Galicia núm. 164, do 24 de agosto).

b) Orde do 20 de setembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 10 de outubro). Tras o Decreto 112/2015, do 31 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 157, do 19 de agosto), as referencias á dita entidade enténdense realizadas á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS).

c) Orde do 20 de setembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 10 de outubro). Tras o Decreto 142/2015, do 17 de setembro (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 15 de outubro), as referencias á dita entidade enténdense realizadas á Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).

d) Orde do 20 de setembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal do Instituto Galego de Medicina Técnica (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 10 de outubro). Tras o Decreto 209/2008, do 28 de agosto (Diario Oficial de Galicia núm. 182, do 19 de setembro), as referencias á dita entidade enténdense realizadas a Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

e) Orde do 8 de novembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (Diario Oficial de Galicia núm. 231, do 29 de novembro).

f) Orde do 9 de outubro de 2014 pola que se convoca un novo procedemento para a integración voluntaria no réxime estatutario de determinado persoal laboral fixo de entidades públicas adscritas a esta consellería (Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 17 de outubro).

Artigo 2. Requisitos e procedemento

1. No presente procedemento de integración aplicaranse os requisitos, procedemento e demais regulación contida nas ordes citadas no artigo 1, xuntamente coas táboas de homologación incluídas como anexo I desta orde.

2. Como excepción, os prazos de solicitude, resolución e efectos da integración serán os determinados nos artigos 3 e 4.

Artigo 3. Prazos

As solicitudes de integración presentaranse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da entrada en vigor desta orde, segundo o modelo de instancia que se xunta como anexo II. Dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e poderán ser presentadas por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 4. Resolución

1. As solicitudes de integración serán resoltas polo citado centro directivo no prazo dos tres meses seguintes á finalización do prazo de presentación. De non ter recaído resolución expresa neste prazo, as solicitudes entenderanse desestimadas.

2. A resolución pronunciarase sobre a estimación, desestimación ou inadmisión das solicitudes. Aquelas resolucións polas que se desestime ou inadmita unha solicitude serán debidamente motivadas.

3. As resolucións estimatorias conterán, así mesmo, o pronunciamento sobre a categoría básica en que resulta integrado/a o/a interesado/a, de conformidade co disposto no anexo I, así como a data dos efectos da integración.

4. As resolucións expresarán os recursos que contra elas procedan, órgano ante o cal se deberán presentar e prazo para a súa interposición.

Disposición adicional primeira. Carreira profesional

1. De conformidade co previsto no punto 15 (outras cláusulas) do acordo polo que se establecen as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e as entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo (Diario Oficial de Galicia núm. 144, do 30 de xullo), o persoal que solicite a integración no réxime estatutario, e resulte integrado, poderá acceder ao grao I nas condicións e cos mesmos efectos previstos no réxime transitorio e excepcional de encadramento (punto 14 do acordo).

2. A solicitude do grao I poderá presentarse no mes seguinte á notificación da resolución estimatoria da integración, e nese mesmo prazo realizarase o rexistro e a acreditación de méritos consonte o que establece a Resolución do 31 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se inician os procedementos para solicitar un grao de carreira consonte o réxime transitorio e excepcional de encadramento, e para solicitar o grao inicial (Diario Oficial de Galicia núm. 149, do 6 de agosto).

Disposición adicional segunda. Proceso selectivo do Centro de Transfusión de Galicia

1. As persoas aspirantes que superen o proceso selectivo de persoal laboral fixo convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015, da dirección técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 56, do 24 de marzo) poderán optar pola súa integración no réxime estatutario, consonte o que establece esta orde, no prazo da súa toma de posesión.

2. No caso de que resulten integradas aplicaráselle o previsto na disposición adicional primeira respecto ao acceso ao grao I de carreira profesional.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Hospital de Verín

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Médico/a especialista

Facultativo/a especialista de área

Técnico/a de grao medio

Grupo de xestión da función administrativa

Administrativo/a

Grupo administrativo da función administrativa

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS)

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Médico/a especialista

Facultativo/a especialista de área

Médico/a xeral

Médico/a xeral do CTG

Técnico/a superior non sanitario

Persoal técnico superior

ATS / Enfermeiro/a

Enfermeiro/a

Auxiliar de clínica

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar de laboratorio

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Axudante/a de laboratorio

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Responsable promoción

Persoal técnico superior

Responsable comunicación

Persoal técnico superior

Técnico/a superior de xestión

Grupo técnico da función administrativa

Técnico/especialista de laboratorio

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Técnico/a de informática

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Promotor/a da doazón

Grupo administrativo da función administrativa

Administrativo/a

Grupo administrativo da función administrativa

Auxiliar de informática

Grupo auxiliar da función administrativa

Auxiliar administrativo/a

Grupo auxiliar da función administrativa

Condutor/a celador/a

Condutor/a

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-61

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Técnico/a de xestión (titulado superior)

Grupo técnico da función administrativa

Oficial/a administrativo/a responsable área

Grupo administrativo da función administrativa

Oficial/a administrativo/a responsable

Grupo administrativo da función administrativa

Auxiliar administrativo/a

Grupo auxiliar da función administrativa

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Facultativo/a director/a técnico/a

Facultativo/a especialista de área

Titulado/a superior non sanitario/a xefe/a de servizo

Grupo técnico da función administrativa

Titulado/a superior non sanitario/a xefe/a de sección

Grupo técnico da función administrativa

Titulado/a superior non sanitario/a

Grupo técnico da función administrativa

Titulado/a medio non sanitario/a xefe/a de sección

Grupo de xestión da función administrativa

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)

Posto de traballo

Categoría básica de homologación

Administrativo/a

Grupo administrativo da función administrativa

missing image file