Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 18 de decembro de 2018, da Dirección Xeral da entidade pública empresarial Portos de Galicia, pola que se notifica o requirimento de pagamento das taxas portuarias debidas a esta entidade.

Con data do 21 de novembro de 2018, o director xeral da entidade pública empresarial (EPE) Portos de Galicia ditou requirimento polo que se solicita o pagamento das taxas debidas a esta entidade pola concesionaria Cordelería El Rial, S.L. con NIF B****0744 da praza de amarre P02/058C no porto deportivo de Pedras Negras.

Intentada a notificación deste requirimento segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 de dita lei, notifícase a Cordelería El Rial, S.L., como titular da concesión administrativa da praza de amarre P02/058C do porto deportivo de Pedras Negras, o contido do requirimento que figura como anexo para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste a teor do disposto no artigo 121.1 da Lei 39/2015, para interpor recurso de alzada ante o presidente da EPE Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 122 da mesma lei, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da oficina dos servizos centrais de Portos de Galicia, sita na praza de Europa, núm. 5 A, 6º andar, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A débeda contraída con Portos de Galicia a 19.11.2018 ascende a un total de 572,12 € sen contar cos recargos e xuros que esta puidese xerar.

Co fin de satisfacer esta débeda pódese por en contacto co Departamento de Contabilidade de Portos de Galicia, situado na praza de Europa, núm. 5 A, 6º piso, Santiago de Compostela. O pagamento no período requirido porá fin ao expediente.

A Ley 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, no seu artigo 90.b) indica que será causa de caducidade da concesión a falta de pagamento de calquera das taxas xiradas por Portos de Galicia, durante un prazo de 12 meses.

O Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala no artigo 16.b) a obriga de aboar as taxas tributarias, prezos, exaccións reguladoras e os prezos privados e tarifas que procedan. O incumprimento das obrigas sinaladas anteriormente dará lugar á inmediata suspensión temporal do servizo por parte do concesionario que dea servicio na concesión.

Tendo en conta o anteriormente exposto, requíreselle para que nun prazo de 15 días contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación se poña ao corrente das cantidades endebedadas. De non facelo ordenarase a suspensión temporal dos servizos prestados e infórmase para a proposición da caducidade da concesión.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación a interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2018

José Ignacio Villar García
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Interesada: Cordelería El Rial, S.L.

Documento de identificación: B****0744.

Última dirección coñecida: El Rial, 5-7, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Asunto: requirimento de pagamento de taxas portuarias debidas.

Importe endebedado: 572,12 €.