Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1734

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 20 de decembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución AC-02/2018 da mesma data pola que se convoca a provisión do posto de xefe de Sección de Neurofisioloxía Clínica.

De conformidade co establecido no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de traballo que se indica no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, sito na avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol, e demais lugares previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procecemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 20 de decembro de 2018

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: xefe de Sección de Neurofisioloxía Clínica.

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario na especialidade de Neurofisioloxía Clínica, en situación de servizo activo en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde ou ser titular de praza vinculada docente-asistencial na mesma especialidade, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde ou desempeñando praza vinculada docente-asistencial.

Procedemento de provisión: avaliación colexiada.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.