XVH. Xuízo verbal (desafiuzamento precario) 841/2017 F
Procedemento de orixe: xuízo verbal de desafiuzamento 841/2017
Sobre desafiuzamento en precario
Demandante: Sabadell Real Estate Development, S.L.
Procuradora: Carmen Belo González
Avogado: Sergio Nebril Fernández
Demandado/s: ignorados ocupantes de rúa Marconi, 18, esc. 1, 2º A (A Coruña)
Eu, Mónica Loura López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, anuncio que neste procedemento de xuízo verbal de desafiuzamento precario 841/2017 F, seguido por instancia de Sabadell Real Estate Development, S.L. contra ocupantes descoñecidos de rúa Marconi, 18, esc. 1, 2º A (A Coruña), foi ditada a sentenza do 23 de novembro de 2018.
E atopándose os ignorados ocupantes de rúa Marconi, 18, esc. 1, 2º A (A Coruña), en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que sirva de notificación en forma a estes e indícase que os interesados poderán dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, a fin de teren coñecemento íntegro do acto.
Así mesmo, faise constar que contra a dita resolución cabe interpor recurso de apelación nos vinte días seguintes á súa notificación, ante este mesmo xulgado.
A Coruña, 23 de novembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza