Pola Orde do 26 de decembro de 2002 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso na categoría 033 (condutor de motobomba), do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela ditou sentenza, que é firme, no PA 183/2012 pola que se ordena retrotraer o procedemento ao momento da elección de destino sobre todas as prazas ofertadas.
Unha vez executada a sentenza resulta que Manuel López González superou o proceso selectivo, polo que de acordo con todo o exposto, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Nomear a Manuel López González (****1595) persoal laboral fixo da Xunta de Galicia da categoría 033 (condutor de motobomba), do grupo IV.
Segundo. Adxudicarlle como destino definitivo o posto de traballo que figura no anexo.
Para adquirir a condición de persoal laboral deberá tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
Apelidos e nome |
DNI |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Grupo/ Categ. |
Centro directivo |
Centro destino |
Obervacións |
López González, Manuel |
****1595 |
MRC995009327310048 |
MR |
Condutor/a motobomba SPDCIF |
IV/033 |
Servizos periféricos |
Comarca forestal: A Ulloa |
Laboral fixo-discontinuo/Complemento salarial de singularidade por perigosidade. /Complemento salarial de singularidade por toxicidade. /Complemento salarial de singularidade por penosidade. /Complemento salarial de singularidade de especial dedicación. /B12 = 278,28 |