A base décima da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
De conformidade coa antedita base e co artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017).
Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, nas categorías anteriormente indicadas, os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.
Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.
Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.
De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2019
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos
DNI |
Apelidos e nome |
Destino adxudicado |
Quenda |
Localidade |
||
Odontólogo/a de Atención Primaria |
||||||
*929A |
Cerdeira Gregorio, Francisco |
47800783 |
EOXI de Vigo |
O Porriño |
Desprazable |
Porriño, O |
*528W |
De Alonso Álvarez, Olga |
38200781 |
EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
O Barco-A Rúa |
Mañá |
Barco de Valdeorras, O |
*282G |
Fernández Rielo, Rosa María |
16800781 |
EOXI de A Coruña |
Cee |
Mañá |
Cee |
*282K |
García Vilar, Iria |
9300781 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
Becerreá-A Fonsagrada |
Mañá |
Becerreá |
*182P |
Guldrís Vázquez, Ana |
58000781 |
EOXI de Vigo |
Tui |
Mañá |
Tui |
*061M |
Leira Abella, María Carmen |
42300781 |
EOXI de Ferrol |
Ortigueira |
Mañá |
Ortigueira |
*126N |
Marmor Anuchnik, Viviana |
49300781 |
EOXI de Vigo |
Redondela |
Mañá |
Redondela |
*302Y |
Mohedano Mira, María de los Ángeles |
58600782 |
EOXI de Vigo |
Val Miñor |
Tarde |
Nigrán |
*467R |
Prieto Regueiro, Beatriz Josefa |
49800781 |
EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Ribadavia |
Mañá |
Ribadavia |
*393D |
Raposo González, Blanca |
56500782 |
EOXI de Vigo |
Teis |
Tarde |
Vigo |
*546X |
Rubiños López, Emilio José |
63100781 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
Viveiro |
Mañá |
Viveiro |
*043C |
Ruíz Eguizabal, María Jesús |
60900782 |
EOXI de Pontevedra e O Salnés |
Vilagarcía de Arousa |
Tarde |
Vilagarcía de Arousa |
*573Z |
Sampedro Díaz, Rocío |
35800782 |
EOXI de Ferrol |
Narón |
Tarde |
Narón |
*640X |
Sánchez Julián, Ana |
7100781 |
EOXI de Ferrol |
As Pontes |
Mañá |
Pontes de García Rodríguez, As |
*685K |
Tarrío Barral, Juan José |
47800783 |
EOXI de Vigo |
O Porriño |
Desprazable |
Porriño, O |
Pediatra de Atención Primaria |
||||||
*721T |
Arias Álvarez, Sonia |
6700671 |
EOXI de Santiago de Compostela |
Arzúa-Boimorto |
Mañá |
Arzúa |
*306A |
Diz-Lois Palomares, Cristina |
13000671 |
EOXI de A Coruña |
Camariñas |
Mañá |
Camariñas |
*972Z |
García Cendón, Clara |
57000673 |
EOXI de Vigo |
Tomiño |
Desprazable |
Tomiño |
*137F |
García Sánchez, Natalia |
45900671 |
EOXI de Pontevedra e O Salnés |
Poio |
Mañá |
Poio |
*274V |
Lago Mandado, Patricia |
86800671 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
Burela-Xove |
Mañá |
Burela |
*618P |
León Muiños, Elvira |
47300671 |
EOXI de Ferrol |
Pontedeume-Cabanas-Monfero |
Mañá |
Pontedeume |
*022C |
Muiño Vidal, Marta |
26900671 |
EOXI de Santiago de Compostela |
Lalín-Rodeiro-Agolada |
Mañá |
Lalín |
*211Y |
Otero Suárez, Iria |
41200673 |
EOXI de A Coruña |
Oleiros-Perillo |
Desprazable |
Oleiros |
*511B |
Pérez Mourelos, Belén |
2400672 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
A Milagrosa |
Tarde |
Lugo |
*848V |
Vior Álvarez, María Paz |
87400671 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
Viveiro-Ourol-O Vicedo |
Mañá |
Viveiro |
* O número do DNI dos/das profesionais relacionados/as amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.