A base décima da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde, establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
De conformidade coa antedita base e co artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017).
Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais, os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.
Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.
Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.
De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2019
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos
DNI |
Apelidos e nome |
Destino adxudicado |
Localidade |
||
Persoal técnico superior en prevención de riscos laborais |
|||||
*117G |
Besteiro Eguia, Ana |
74813220 |
EOXI de Santiago de Compostela |
EOXI de Santiago de Compostela |
Santiago de Compostela |
*235X |
Cores Calvo, Juan |
74813220 |
EOXI de Santiago de Compostela |
EOXI de Santiago de Compostela |
Santiago de Compostela |
*862D |
Cuevas Raposo, Alejandro |
74913220 |
EOXI de Vigo |
EOXI de Vigo |
Vigo |
*861P |
Cuevas Raposo, José |
74913220 |
EOXI de Vigo |
EOXI de Vigo |
Vigo |
*212P |
Dosil Caamaño, Alicia |
74813220 |
EOXI de Santiago de Compostela |
EOXI Santiago de Compostela |
Santiago de Compostela |
*655D |
Fernández García, José Luis |
271613220 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
Hospital da Costa |
Burela |
*658P |
Fernández Teijeiro, Marta |
320413220 |
EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital de Valdeorras |
Barco de Valdeorras, O |
*528P |
Folgar Galán, Carmen Elvira |
74513220 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
Lugo |
*021R |
Godoy Trillo, José Rogelio |
74413220 |
EOXI de Ferrol |
EOXI de Ferrol |
Ferrol |
*373N |
González Iglesias, Marta Clara |
74813220 |
EOXI de Santiago de Compostela |
EOXI de Santiago de Compostela |
Santiago de Compostela |
*337B |
González Nores, María |
271713220 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
Hospital de Monforte |
Monforte de Lemos |
*592Y |
Lago Taboada, María Dolores |
74713220 |
EOXI de Pontevedra e O Salnés |
EOXI de Pontevedra e O Salnés |
Pontevedra |
*016H |
Martín Lancharro, Pablo |
74313220 |
EOXI da Coruña |
EOXI da Coruña |
Coruña, A |
*263S |
Miraz Novas, Carolina |
74313220 |
EOXI da Coruña |
EOXI da Coruña |
Coruña, A |
*615E |
Muñiz Saborido, José Ramón |
159913220 |
EOXI de Santiago de Compostela |
Hospital da Barbanza |
Ribeira |
*095F |
Pallares Martínez, Eliseo |
74513220 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
Lugo |
*980T |
Pérez Albarellos, Luis Alberto |
74713220 |
EOXI de Pontevedra e O Salnés |
EOXI de Pontevedra e O Salnés |
Pontevedra |
*998J |
Robla Santos, Diana |
74413220 |
EOXI de Ferrol |
EOXI de Ferrol |
Ferrol |
*741L |
Sáez Taboada, Carlos Alberto |
74413220 |
EOXI de Ferrol |
EOXI de Ferrol |
Ferrol |
*195G |
Seoane Rosende, Juan Antonio |
74313220 |
EOXI da Coruña |
EOXI da Coruña |
Coruña, A |
*662V |
Vilariño Varela, José Antonio |
74913220 |
EOXI de Vigo |
EOXI de Vigo |
Vigo |
* O número do DNI dos/das profesionais relacionados/as amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.