Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 20 de decembro de 2018 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Ramón.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión mortis causa mediante pacto de mellora do 60 % da batea Ramón e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 17 de decembro de 2018, Francisco Suárez Hermo e María del Pilar Vázquez Rodríguez solicitan autorización para transmisión mortis causa mediante pacto de mellora do 60 % da concesión administrativa e da batea Ramón, a favor do seu fillo Francisco Suárez Vázquez.

Segundo. Os solicitantes presentan toda a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora a favor de Francisco Suárez Vázquez (****6335), do 60 % da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación

Tipo: batea.

Nome: Ramón.

Situación:

Cuadrícula nº: 06.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 26.6.1980.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Francisco Suárez Hermo (****4425) e María del Pilar Vázquez Rodríguez (****7117) 100 % ganancial.

Novos titulares: Francisco Suárez Hermo (****4425) e María del Pilar Vázquez Rodríguez ****7117) 40 % ganancial, Francisco Suárez Vázquez (****6335) 60 % privativo.

Os novos titulares da concesión administrativa quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 20 de decembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña