Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 1850

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 173/2018, do 20 de decembro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construcción dun itinerario peonil na AC-305. Treito: Tallós-Muro Novo. Puntos quilométricos 2+730 - 3+690, de clave AC/17/105.06, no concello de Dodro.

Antecedentes:

Primeiro. O día 30 de abril de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 83) o Anuncio do 12 de abril de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil na AC-305. Treito: Tallós-Muro Novo. p.q. 2+730 - 3+690, de clave AC/17/105.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, certificados e informes presentados, o 11 de decembro de 2018 aprobouse o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción dun itinerario peonil na AC-305. Treito: Tallós-Muro Novo. p.q. 2+730 - 3+690, de clave AC/17/105.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a execución dun itinerario peonil na estrada AC-305, pertencente á rede autonómica galega, para mellorar as condicións de mobilidade peonil existentes actualmente entre os p.q. 2+730 - 3+690, no concello de Dodro.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de decembro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción dun itinerario peonil na AC-305. Treito: Tallós-Muro Novo. p.q. 2+730 - 3+690, de clave AC/17/105.06.

Santiago de Compostela, vinte de decembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade