Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 630/2018, seguido por instancia de María de los Ángeles González Labandeira contra a mercantil Mararcy Peluquerías, S.L., e no cal é parte o Fogasa, sobre recoñecemento de dereito e reclamación de cantidade, ditouse sentenza número 353/2018, do 11 de decembro, que estima a demanda e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Mararcy Peluquerías, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 12 decembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza