Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2358

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 62/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 62/2018, seguido por instancia de Manuel Antonio Juncal González contra Iberian Soul, S.L., sobre execución de sentenza número 282/2018, do 7 de novembro, ditáronse auto en que se despacha execución e decreto de embargo o 11 de decembro de 2018 e contra os cales pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Iberian Soul, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza