Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2336

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e denegadas ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 17, punto b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao que se imputen, a finalidade da subvención, a persoa beneficiaria e a cantidade concedida.

Segundo o artigo 20 da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG núm. 73, do 16 de abril):

«Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións de concesión ou denegación da axuda e esta publicación producirá os efectos das notificacións (…).

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural http://www.mediorural.xunta.gal».

De acordo co establecido, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, a publicación deberá conter os mesmos elementos que o artigo 40.2 da dita lei exixe respecto das notificacións. Nos supostos de publicacións de actos que conteñan elementos comúns, poderán publicarse de forma conxunta os aspectos coincidentes, especificándose soamente os aspectos individuais de cada acto.

Na súa virtude, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas e denegadas ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018, que figuran como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Convocatoria: Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG núm. 73, do 16 de abril).

Aplicación orzamentaria: 13.03.713C.772.1.

A reestruturación e reconversión de viñas é unha das medidas admisibles do programa de apoio ao sector vitivinícola que en Galicia son obxecto de financiamento da Unión Europea, na súa totalidade, a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (100 % Feaga).

Finalidade: o apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación e só poderá concederse para unha o varias das actividades seguintes:

a) Reimplantación de viñas.

b) Reconversión varietal.

c) Mellora das técnicas de xestión de viñas.

Examinadas as 77 solicitudes presentadas na convocatoria do ano 2018 destas axudas, ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2018 (DOG núm. 73, do 16 de abril) e verificado o cumprimento dos requisitos para a súa concesión, resulta o seguinte:

Antecedentes:

– Con data do 16.4.2018 publicáronse as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e abríuse o prazo de presentación das solicitudes destas axudas para a convocatoria do ano 2018.

– Os servizos territoriais de Explotacións Agrarias examinaron as 77 solicitudes presentadas e emitiron a relación de expedientes que cumpren todos os requisitos exixidos pola normativa reguladora para ser beneficiarios destas axudas: 59 solicitudes.

– O órgano colexiado informou da avaliación da proposta resultante, conforme a súa acta do 14.11.2018, logo de aplicar os criterios de prioridade previstos no artigo 27 da dita orde para a concesión destas axudas, en réxime de concorrencia competitiva.

Consideracións legais e técnicas:

– Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2018.

– Real decreto 5/2018, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola (PASVE 2019-2023).

– Real decreto 772/2017 polo que se regula o potencial de produción vitícola.

– Decreto 256/2011 polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia.

– Decreto 11/2009 polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007 (LSG).

– Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

– OCM única (Regulamento (UE) nº 1308/2013) con relación ao sector vitivinícola.

Con base no anterior, con data do 14 de novembro de 2018, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias propuxo:

– Denegar as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia ao abeiro da convocatoria de 2018 (DOG núm. 73, do 16 de abril), das 18 solicitudes que se relacionan no anexo, polos motivos que se indican para cada solicitude.

– Aprobar as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia ao abeiro da convocatoria de 2018 (DOG núm. 73, do 16 de abril), das 59 solicitudes que se detallan no anexo, segundo as operacións anuais e/ou bianuais con ou sen anticipo que en conxunto suman unha superficie vitícola total, que hai que reestruturar e/ou reconverter, de 73,3347 ha cunha contía económica por un importe total de subvención destas axudas de 668.893,84 €, nas seguintes condicións:

– O prazo de execución e xustificación destas axudas remata:

• O 31 de xullo de 2019 para os plans con operacións anuais e

• O 31 de xullo de 2020 para os plans con operacións bianuais.

– O prazo para solicitar o pagamento das operacións bianuais establécese entre o 16 de outubro de 2019 e o 31 de xullo de 2020.

– O prazo para solicitar un anticipo será dun mes desde a concesión da axuda.

– As persoas viticultoras ás cales o investimento lles exixa pagamentos inmediatos poderán solicitar un anticipo polo 50 % da axuda aprobada cando teñan constituída unha garantía por un importe do 110 % da cantidade que se vai aboar no anticipo. Tras executar as operacións relacionadas co anticipo deberán achegar a correspondente declaración de gastos (anexo V), de acordo co artigo 31 da dita orde.

– Antes do pagamento das axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co artigo 17 da dita orde e conforme o establecido no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

De acordo coa dita proposta, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, con data do 28.11.2018, por delegación do conselleiro do Medio Rural, en virtude da Orde do 17 de novembro de 2015 (DOG núm. 223, do 23 de novembro), resolveu:

– Denegar as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, ao abeiro da convocatoria do ano 2018, das 18 solicitudes que se relacionan no anexo, polos motivos que se detallan para cada unha delas.

– Aprobar as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia, ao abeiro da convocatoria do ano 2018, das 59 solicitudes que se detallan no anexo, nas condicións sinaladas na dita proposta, cunha contía económica por un importe total de concesión de subvención destas axudas de seiscentos sesenta e oito mil oitocentos noventa e tres euros con oitenta e catro céntimos (668.893,84 €).

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa cabe interpor potestativamente o recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os dous prazos computaranse desde o día seguinte ao da notificación desta resolución e sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro que xulgue pertinente.

Persoas beneficiarias e subvención:

Solicitudes aprobadas das axudas aos plans de reestruturación e reconversión
da viña en Galicia da convocatoria de 2018

(persoas beneficiarias por orde alfabética e subvención)

Expediente

DNI/NIF

Persoa beneficiaria

Plan

Operación
(anual/ *bianual)

Solicita anticipo (Si/Non)

Sup. (ha)

Investimento (€)

Subv.**

50 % inv.(€)

c.p.i.***
(€)

Total axuda

(€)

Anticipo

****
(€)

32/2018/008

**2*1*6*7

A.Y.S.V. Menasa, S.L.

Individual

A

N

1,2316

16.867,81

8.433,91

0,00

8.433,91

0,00

32/2018/026

**22***38

Adega Alán, S.A.T.

Valdeorras-2018

A

N

1,2605

15.863,57

7.931,79

3.597,76

11.529,55

0,00

32/2018/035

*324****9

Adega Dona Elisa, S.L.

Pequenos Viticultores IX

A

N

0,2900

5.478,52

2.739,26

943,95

3.683,21

0,00

32/2018/001

**2434***

Agrogalir, S.L.

Individual

B

N

5,3304

89.716,77

44.858,39

0,00

44.858,39

0,00

15/2018/002

**03*2*6*

Agroser Ulla, S.L.

Agrotécnicas Rías Baixas

A

N

0,8328

13.407,12

6.703,56

0,00

6.703,56

0,00

36/2018/008

**4*1*3*9

Agrovitis, C.B.

Individual

B

N

1,5667

17.225,48

8.612,74

1.511,62

10.124,36

0,00

32/2018/018

*673*8***

Arias González, Silverio

Asociación Agraria de Galicia

A

N

0,4640

6.701,59

3.350,80

1.510,32

4.861,12

0,00

15/2018/003

*7****090

Bocaleón Ibérica, S.L.

Agrotécnicas Rías Baixas

B

N

2,9788

54.409,75

27.204,88

0,00

27.204,88

0,00

36/2018/001

***91*50*

Bodega González Byass Jerez, S.L.U.

Agrotécnicas Rías Baixas

A

N

0,8187

17.967,41

8.983,71

0,00

8.983,71

0,00

32/2018/037

*6*5***13

Bodegas Alba Al-Bar, S.L.

Pequenos Viticultores IX

A

N

0,1524

2.961,69

1.480,85

0,00

1.480,85

0,00

32/2018/038

*32**18**

Bodegas Campante, S.A.

Pequenos Viticultores IX

A

N

5,0000

76.640,96

38.320,48

0,00

38.320,48

0,00

32/2018/004

*3*02***7

Bodegas Godeval, S.L.

Individual

A

N

1,4596

37.517,45

18.758,73

0,00

18.758,73

0,00

36/2018/005

*26*1**2*

Bodegas Ramón Bilbao, S.A.

Agrotécnicas Rías Baixas

B

N

5,0119

92.484,35

46.242,18

0,00

46.242,18

0,00

36/2018/006

***108*0*

Bodegas Terras Gauda, S.A.

Agrotécnicas Rías Baixas

A

N

5,5434

66.231,77

33.115,89

18.043,78

51.159,67

0,00

32/2018/041

**6289***

Boo Paradela, José Fernando

Pequenos Viticultores IX

A

S

1,1890

18.536,51

9.268,26

3.870,20

13.138,46

6.569,23

36/2018/002

****8340*

Cabaco Mariño, Alberto

Individual

B

N

0,9802

15.777,95

7.888,98

0,00

7.888,98

0,00

32/2018/006

****7226*

Comp. de Vinos Telmo Rodríguez, S.L.

Individual

A

N

0,5000

1.800,00

900,00

813,75

1.713,75

0,00

32/2018/019

*6*65**3*

Delgado Núñez, Eugenio

Asociación Agraria de Galicia

A

N

0,5917

9.196,59

4.598,30

1.925,98

6.524,28

0,00

32/2018/020

***3017**

Envinate, S.L.

Asociación Agraria de Galicia

B

N

0,5023

6.868,93

3.434,47

1.635,00

5.069,47

0,00

32/2018/027

3*94***2*

Fernández Prieto, Benito

Valdeorras-2018

A

N

0,1855

2.095,85

1.047,93

603,80

1.651,73

0,00

32/2018/028

*4*2*6*2*

Fernández Trincado, Francisco Manuel

Valdeorras-2018

A

N

0,1261

3.911,03

1.955,52

410,45

2.365,97

0,00

32/2018/043

*6***333*

Formigo de la Fuente, Manuel

Pequenos Viticultores IX

A

N

0,5272

14.184,02

7.092,01

1.716,05

8.808,06

0,00

36/2018/009

*36*8***6

Gestión Integral de Viñedos, S.L.

Individual

A

N

0,2845

5.701,43

2.850,72

0,00

2.850,72

0,00

32/2018/021

7**0**26*

Gómez Rivera, Lucinda

Asociación Agraria de Galicia

A

N

0,1665

2.578,22

1.289,11

541,96

1.831,07

0,00

32/2018/044

*4**448**

Gómez Vázquez, Alberto

Pequenos Viticultores X

A

N

0,1764

3.451,00

1.725,50

574,18

2.299,68

0,00

32/2018/029

76***7*8*

González López, Rosario Gloria

Valdeorras-2018

A

N

0,5989

9.794,10

4.897,05

1.949,42

6.846,47

0,00

32/2018/030

7**35**1*

González Martínez, David

Valdeorras-2018

A

N

0,3613

4.990,85

2.495,43

1.176,02

3.671,45

0,00

32/2018/045

44*8**4**

González Vázquez, Ángel

Pequenos Viticultores X

A

N

1,5268

37.119,28

18.559,64

4.583,70

23.143,34

0,00

15/2018/001

7*46***5*

Guerra Calvelo, Arcadio Jaime

Agrotécnicas Rías Baixas

A

N

1,0480

10.641,52

5.320,76

0,00

5.320,76

0,00

32/2018/031

*3237****

Guitián y Álvarez, S.C.

Valdeorras-2018

A

N

1,5715

25.073,47

12.536,74

1.146,66

13.683,40

0,00

36/2018/007

*3*6*67**

Lagar de Fornelos, S.A.

Agrotécnicas Rías Baixas

A

N

12,8946

156.496,35

78.248,18

26.931,54

105.179,72

0,00

36/2018/010

7***1*22*

Lorenzo Pérez, Ismael

Viña Vide Viño 2018

B

S

0,4788

9.111,57

4.555,79

0,00

4.555,79

2.277,90

32/2018/032

3*3*3*1**

Martínez Trincado, Casimiro

Valdeorras-2018

A

N

0,4729

7.323,01

3.661,51

1.539,30

5.200,81

0,00

32/2018/055

*4**28*0*

Mayo Alonso, Felipe

Individual

A

N

0,3190

4.582,00

2.291,00

0,00

2.291,00

0,00

32/2018/009

1**87*5**

Méndez Arias, José Enrique

Individual

A

N

0,4000

9.094,10

4.547,05

0,00

4.547,05

0,00

32/2018/010

*67**50**

Méndez Atanes, Antonio Ángel

Individual

A

N

1,2506

18.143,54

9.071,77

0,00

9.071,77

0,00

36/2018/012

*6**79*5*

Méndez Otero, Elsa

Viña Vide Viño 2018

B

S

0,1146

2.230,94

1.115,47

373,02

1.488,49

744,25

32/2018/011

3**66**0*

Míguez Amil, Antonio

Individual

A

N

0,2265

4.514,10

2.257,05

48,83

2.305,88

0,00

32/2018/012

1**209***

Moral Calvo, Rogelio

Individual

A

N

1,1357

17.208,89

8.604,45

0,00

8.604,45

0,00

36/2018/016

*3**71*4*

Muiño do Pou, S.L.

Viña Vide Viño 2018

B

S

0,9253

17.605,82

8.802,91

0,00

8.802,91

4.401,46

32/2018/022

*67**94**

Murciego López, Rubén

Asociación Agraria de Galicia

A

N

0,1250

1.948,75

974,38

406,88

1.381,26

0,00

32/2018/047

*3**5*59*

Os Torgas, S.L.

Pequenos Viticultores Ix

A

S

0,1420

2.288,24

1.144,12

462,21

1.606,33

803,17

32/2018/056

1*5***13*

Palacios Muro, Rafael

Individual

A

N

0,2874

4.073,74

2.036,87

935,50

2.972,37

0,00

36/2018/011

3912****

Peña Gutiérrez, Santiago

Viña Vide Viño 2018

B

S

0,8103

13.679,80

6.839,90

0,00

6.839,90

3.419,95

32/2018/023

*32*69***

Pinto Alquiagro, S.L.

Asociación Agraria de Galicia

A

N

0,2091

5.092,82

2.546,41

680,62

3.227,03

0,00

32/2018/048

7**09**9*

Pousada Boo, Ángela

Pequenos Viticultores IX

A

N

0,6681

10.031,10

5.015,55

0,00

5.015,55

0,00

32/2018/049

*32*4**1*

Priorato de Razamonde, S.L.

Pequenos Viticultores IX

A

N

0,4364

2.689,40

1.344,70

0,00

1.344,70

0,00

32/2018/016

***32**71

Rafael Palacios, S.L.

Individual

A

N

2,3542

36.203,06

18.101,53

1.434,36

19.535,89

0,00

36/2018/013

**3172***

Riveiro García, Eladio

Viña Vide Viño 2018

B

S

1,1764

22.387,43

11.193,72

0,00

11.193,72

5.596,86

32/2018/051

34***54**

Rivero Pardo, Fausto

Pequenos Viticultores IX

A

N

0,3262

4.947,82

2.473,91

0,00

2.473,91

0,00

32/2018/017

**7*44*5*

Rodríguez Estévez, Ricardo

Individual

A

N

0,7220

11.235,95

5.617,98

0,00

5.617,98

0,00

32/2018/052

*4*484***

Rodríguez Martínez, Celso

Pequenos Viticultores IX

B

N

0,2163

3.794,46

1.897,23

0,00

1.897,23

0,00

32/2018/033

415****3*

Sanz Arias, Cristian

Valdeorras-2018

A

N

0,6088

9.642,68

4.821,34

1.722,55

6.543,89

0,00

32/2018/034

7****400*

Sierra Fernández, Joaquín Manuel

Valdeorras-2018

A

N

0,2110

3.048,59

1.524,30

686,81

2.211,11

0,00

36/2018/015

*94*0**7*

Terra de Sisan, S.L.

Viña Vide Viño 2018

B

S

0,1296

2.389,08

1.194,54

0,00

1.194,54

597,27

32/2018/053

3*7**44**

Vaz Rodríguez, Josefa

Pequenos Viticultores IX

A

S

0,2185

3.375,76

1.687,88

711,22

2.399,10

1.199,55

32/2018/054

***3*022*

Vázquez Losada, Manuel

Pequenos Viticultores IX

A

S

1,2308

19.153,35

9.576,68

3.132,61

12.709,29

6.354,65

36/2018/004

*9*037***

Viñas e Terras do Pazo, S.L.

Individual

B

S

1,4403

29.934,69

14.967,35

0,00

14.967,35

7.483,68

32/2018/014

***2*8*10

Virxe de Galir, S.L.

Individual

A

N

1,5276

49.125,25

24.562,63

0,00

24.562,63

0,00

Total (59 persoas beneficiarias):

73,3347

1.166.547,28

583.273,79

85.620,05

668.893,84

39.447,97

*Operación anual: conxunto de accións para a reestruturación e/ou reconversión que finalizarán no exercicio financeiro seguinte ao que se solicita a axuda.

*Operación bianual: conxunto de accións para a reestruturación e/ou reconversión que finalizarán nos dous exercicios financeiros seguintes ao que se solicita a axuda.

**Subvención: a participación nos custos de reestruturación e reconversión da viña en Galicia é do 50 % dos gastos do investimento subvencionable.

***c.p.i.(compensación pola perda de ingresos): para os cálculos da c.p.i. aplícase o previsto no artigo 28, alínea a) da Orde do 4 de abril de 2018.

****Anticipo: polo máximo do 50 % do total da axuda aprobada cando constitúan unha garantía por un importe do 110 % da cantidade que se vai aboar no anticipo.

Solicitudes denegadas das axudas aos plans de reestruturación e reconversión
da viña en Galicia da convocatoria de 2018

Expediente

DNI/NIF

Solicitante

Plan

Motivo

Artigo*

Prov.

Ano

Núm.

27

2018

1

**624*4**

López González, José Luis

Individual

Sup. inferior á mínima exixible (< 0,2 ha)

6.1

32

2018

7

4*4*15***

López Canal, Julio José

Individual

Sup. inferior á mínima exixible (< 0,2 ha)

6.1

32

2018

15

7*70**9**

Quiroga Lista, José Antonio

Individual

Sup. inferior á mínima exixible (< 0,2 ha)

6.1

32

2018

2

*494***5*

Álvarez Rodríguez, María Dolores

Individual

Sup. inferior á mínima exixible (< 0,2 ha)

6.1

32

2018

3

7*71*2***

Barros Rivero, María Aránzazu

Individual

Non estar inscrita no RVG (Rexistro Vitícola de Galicia)

4.4

32

2018

5

**0*5*96*

Claro Quintáns, Luis Ernesto

Individual

Desistencia por non contestar requirimento

11.1

36

2018

14

3*3*5*0**

Rodiño Martínez, Mario

Viña Vide Viño 2018

Desistencia por non contestar requirimento

11.1

32

2018

36

*349*8**

Alberte Pérez, Carlos

Pequenos Viticultores IX

Desistencia por non contestar requirimento

11.1

32

2018

42

*4*8**77*

Ferro Mosquera, David

Pequenos Viticultores IX

Desistencia por non contestar requirimento

11.1

32

2018

40

****6*561

Bodegas Lombre, Soc. Coop. Galega

Pequenos Viticultores IX

Desistencia por non contestar requirimento

11.1

32

2018

50

**71**18*

Quintela Senra, Javier

Pequenos Viticultores IX

Desistencia por non contestar requirimento

11.1

32

2018

39

*3*2***40

Bodegas Casal De Arman, S.L.

Pequenos Viticultores IX

Renuncia

32

2018

46

*27**77**

Grandes Pagos Galegos Vit. Tradic.

Pequenos Viticultores IX

Renuncia

32

2018

25

*4*16**3*

Vázquez Paradelo, Nicolás

Asociación Agraria de Galicia

Renuncia

32

2018

24

767*4****

Taboada Macías, Socorro

Asociación Agraria de Galicia

Renuncia

32

2018

13

***002*3*

Viña Costeira, S.C.G.

Individual

Renuncia

27

2018

2

**3509***

Sanromán Lledín, Francisco Javier

Individual

Renuncia

36

2018

3

****5932*

Eido da Fonte, S.L.

Individual

Renuncia

Total: 18 denegacións (6 desistencias, 5 incumprimentos e 7 renuncias). Artigo*: Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras destas axudas (DOG núm. 73, do 16 de abril).