Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 7 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B, expediente número 2018-00001589 e dous máis.

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través de este edicto as resolucións ditadas no procedemento establecido na Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018 (DOG núm. 246, do 29 de decembro de 2017).

Para os efectos, emprazanse as persoas interesadas que figuran no anexo, por sí ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte á publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte á notificación. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte á notificación.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2018

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

DNI/NIE/

pasaporte

Núm. de expediente

Acto que se notifica e data

28809212X

BS403B-2018-00001589

Resolución do 20.6.2018

44093451J

BS403B-2018-00004198

Resolución do 20.6.2018

47389143N

BS403B-2018-00004910

Resolución do 15.10.2018