Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 7 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os requirimentos de emenda das solicitudes relativas ao procedemento BS403B, expediente 2018-00003551 e tres máis.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo I sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificanse a través deste edicto os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes relativas a Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018 (DOG núm. 246, do 29 de decembro de 2017).

Para os efectos emprazase as persoas interesadas, que figuran no anexo I por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte á publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Advírteselles que de non facer a emenda no prazo establecido no requirimento, teranse por desistidas das solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2018

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación (procedemento BS403B)

Nº de identificación

Nº de expediente

Acto que se notifica e data

Documentación

para presentar

Y6130745V

BS403B-2018-00003551

Requirimento do 31.8.2018

D.2, D.3, D.4, D.9 e D.10

PA0131446

BS403B-2018-00003941

Requirimento do 31.8.2018

D.3, D.4, D.9 e D.10

X9612942T

BS403B-2018-00007717

Requirimento do 13.9.2018

D.2, D.5

53182948W

BS403B-2018-00009760

Requirimento do 29.10.2018

D.10

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Anexo I debidamente cumprimentado e asinado pola persoa solicitante da axuda.

D.2

Anexo II debidamente cumprimentado e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante da axuda.

D.3

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante da axuda.

D.4

Copia do DNI ou NIE da persoa proxenitora que non apareza como solicitante da axuda.

D.5

Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da persoa solicitante co resto dos membros da súa unidade familiar.

D.6

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno filiais dos/das fillos/as comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, de ser o caso.

D.7

Xustificante de empadroamento conxunto da persoa solicitante e da/o nena/o que dá dereito á axuda.

D.8

Xustificante de empadroamento do/s fillo/s ou filla/s polo/s que solicita a axuda.

D.9

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa solicitante correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.

D.10

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa proxenitora que non aparece como solicitante de la axuda correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención ou, na súa falta, documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro no período impositivo computable, acompañados dun certificado de organismo competente ou entidade bancaria acreditativo do valor en euros dos ditos ingresos, de ser o caso.