Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3355

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (490/2017).

María Ángeles Méndez Meira, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño , polo presente, anuncio

No presente procedemento seguido por instancia de Jorge Rodríguez Rodríguez fronte a Natalia Rodríguez Cebreiro ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Modificación de medidas suposto contencioso 490/2017

Sobre modificación de medidas

Demandante: Jorge Rodríguez Rodríguez

Procuradora: Elena Juliani Ortiz

Demandada: Natalia Rodríguez Cebreiro

Sentenza

No Porriño o 30 de abril de 2018

Vistos por min, María del Mar País Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño e o seu partido, os presentes autos de modificación de medidas definitivas en que foron partes, como demandante Jorge Rodríguez Rodríguez, representado pola procuradora Sra. Juliani Ortiz e asistido da letrada Sra. Rodríguez Iglesias, e como demandada Natalia Rodríguez Cebreiro (en situación procesual de rebeldía), intervindo o Ministerio Fiscal, en virtude das facultades que me confire a Constitución, dito a seguinte sentenza

Decido que, estimando parcialmente a demanda de modificación de medidas definitivas formulada pola procuradora Sra. Juliani Ortiz, en nome e representación de Jorge Rodríguez Rodríguez, contra Natalia Rodríguez Cebreiro (en situación procesual de rebeldía ), modifícase a Sentenza do 15 de setembro de 2016 ditada no procedemento de divorcio contencioso 259/2015 no único sentido de modificar o relativo ao réxime de visitas establecido a favor de Natalia Rodríguez Cebreiro e fixar no seu lugar o seguinte: a nai poderá estar en compañía dos seus fillos dúas horas os sábados cada quince días desde as 10.00 da mañá ata 12.00 horas da mañá, visitas que levarán a cabo no que sexa o domicilio dos menores e serán supervisadas polo pai, debendo, respecto á filla menor Erika, respectarse a súa vontade de decidir libremente se desexa ver a súa nai durante as visitas que esta realice ao seu irmán Isaac. Así mesmo, autorízase que os menores poidan cambiar de domicilio e de centro escolar sen autorización da nai no caso de que o pai por motivos laborais deba cambiar de lugar de residencia, tendo en todo caso o pai que poñer en coñecemento da nai calquera cambio de domicilio que se produza co fin de que esta coñeza en todo momento o lugar en que deben desenvolverse as visitas que no seu favor establece esta resolución, así como os cambios de centro escolar, manténdose en todo o demais os pronunciamentos da sentenza.

Non se fai pronunciamento sobre as custas causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días ante este xulgado e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado. A falta de correcta consignación supoñerá a inadmisión a trámite do recurso. A súa desestimación ou inadmisión supoñerá a perda do depósito.

E atopándose a dita demandada, Natalia Rodríguez Cebreiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

O Porriño , 6 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza