Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3357

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SS 453/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 453/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia dos herdeiros de Domingos José da Fonseca de Jesús contra a empresa Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 61, Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polos sucesores de Domingos José da Fonseca de Jesús contra os demandados INSS, TXSS, Grupo-R Rehabilitaciones 2013, S.L. e Mutua Fremap, debo declarar e declaro a responsabilidade da empresa e que a mutua debe anticipar as prestacións de incapacidade temporal derivadas do accidente de traballo sufrido por Domingos José da Fonseca de Jesús, con responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS, e condeno a mutua ao aboamento que corresponda en contía, forma e efectos regulamentarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza