Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3668

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (citación xuízo 762/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Pilar Couselo Figueiras contra Lavandería Tintorería 2000, S.L., Carrial, S.C., Yolanda Rial Enjo, en reclamación por despedimento, rexistrado co nº de despedimento obxectivo individual 762/2018 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Lavandería Tintorería 2000, S.L., Carrial, S.C., Yolanda Rial Enjo, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 5.2.2019 ás 10.15 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Lavandería Tintorería 2000, S.L., Carrial, S.C., e Yolanda Rial Enjo, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza