De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase á persoa relacionada no anexo a comunicación da presentación dunha solicitude de acceso á información publica, dereito regulado na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos.
O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), para que poida consultalo e facer as alegacións que considere oportunas durante un prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Unha vez transcorrido este prazo e, de ser o caso, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presenten, ditarase a resolución que corresponda.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019
A secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda
P.S. (Resolución do 13.12.2018)
Luis Emilio Araújo Rodríguez
Vicesecretario xeral da Consellería de Facenda
ANEXO
Expediente: solicitude de acceso á información pública (transparencia 13/2018).
Persoa interesada: Florentino Delgado Ayuso.
Acto de notificación: comunicación de presentación da solicitude.


