Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución de varios expedientes de procedementos de nomeamento de veterinarios actuantes do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a resolución dos expedientes de procedementos de nomeamento de veterinarios actuantes do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e non ser posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que a persoa interesada se entenderá notificada desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non finaliza á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

VA-174

Dimas García Solís

Resolución

Directora xeral

VA-175

Isabel Paz Meilán

Resolución

Directora xeral

VA-744

Pedro Figueirinhas Paiva

Resolución

Directora xeral